Este xoves, última xuntanza de LUGOPOÉTICA 2024 na UNED

Nesta última xuntanza van participar Baldomero Iglesias Dobarrio, Mero e Francisco Javier Neira Pampín. O acto é publico e difundirase en directo pola rede dixital da Uned, para logo publicarse na Rede, e nas webs de Egeria e Lugopoética24.
Os participantes
BALDOMERO IGLESIAS DOBARRIO, Mero (Vilalba, 1951). Profesor, cantante e escritor. Membro fundador de Fuxan os Ventos e A Quenlla, ten recollido canción tradicional por toda Galicia, e composto música como a de ‘O Carro’,que dan máis vida a poemas fundamentais. Galardoado co Pedrón de Ouro ou Facer País, o seu labor poético está recollido en libros esenciais, e tenlle deparado numerosos premios.
FRANCISCO JAVIER NEIRA PAMPÍN (Santiago, 1953). Licenciado en Medicina e Cirurxía e especialista en Uroloxía. Na actualidade, traballa en Polusa (Lugo). É membro da Sociedade Galega e Española de Uroloxía. Cultiva a pintura, a música e a escrita. Ten publicadas cinco novelas e dous libros de poemas: un en solitario -’Vaite baixo’- e outro con Xosé Carlos Ulloa, ‘Nuevo amanecer’.
Egeria