Presentación de libros mariñeiros este sábado na Sala Bahía dentro do proxecto 'A pegada da pesca en Foz'

Pola súa banda, Antón Niñe Fernández é investigador do patrimonio cultural na mariña lucense, ao que o concello de Foz lle ten outorgado o Premio Manuel María pola súa labor cultural divulgativa. O autor plasma en 'Embarcacións do mar de Foz. Botes, traíñas, lanchas e barcos' a historia mariñeira da vila asociada ós distintos tipos de embarcacións, artes de pesca e construción naval, con multitude de imaxes, dende os anos 20 do pasado século.
Ambos autores intervirán neste acto de presentación, no que relatarán a súa experiencia no desenvolvemento das súas obras, e estarán acompañados polo Alcalde do concello de Foz, Francisco Cajoto Caserío, e a concelleira de Economía, Facenda e Cultura, Inés López Couto.
O acto está aberto a toda a veciñanza que desexe coñecer un pouco máis sobre a pegada da pesca en Foz.
Concello de Foz