Skip to main content

O luns 2 de maio está na Fundación Luís Seoane para continuar co ciclo de encontros do Colexio de Xornalistas, o secretario de Organización e Coordinación do PSOE, José Blanco, nos Almorzos On/Off

A Fundación Luís Seoane na Coruña (rúa San Francisco s/n) acolle unha vez máis este encontro que comezará na súa parte “off the record” ás 9:30 horas, para os colexiados, e a “on the record” ás 10:30, pudendo asistir a ela todos os xornalistas que así o desexen.
Blanco López, nado en Palas de Rei (Lugo) en 1962, dirixe a Secretaria de
Organización e Coordinación do PSOE, responsable do funcionamento e
desenrolo orgánico do partido. Ingresou no PSOE no ano 1978, onde foi
Secretario Xeral de Xuventudes Socialistas de Galicia e membro da executiva
galega. Foi concelleiro e portavoz do Grupo Municipal Socialista de Palas de
Rei dende 1991 ata 1999 e Presidente do Consello da Xuventude de Galicia
durante tres anos. Senador nas lexislaturas IV e V e Deputado na VI e VII.
Foi elixido en xullo de 2000 Secretario de Organización e Acción Electoral
da Comisión Executiva Federal do PSOE no 35 Congreso Federal do partido. É
dende xullo de 2004 Secretario de Organización e Coordinación, elixido no 36
congreso Federal.
José Blanco López é o quinto convidado do ciclo de “Almorzos ON/OFF” que
inaugurou Carlos Varela, Fiscal Xefe do Tribunal Superior de Xustiza, no mes
de xaneiro. O economista, Guillermo de la Dehesa, Luís García Mañá, Xefe
Superior da Policía e o director de Le Monde Diplomatique, Ignacio Ramonet,
tamén estiveron presentes nestes encontros nos que se pretende fomentar o
diálogo e a análise da actualidade cos seus protagonistas. Este ciclo de
encontros conta coa colaboración da Fundación Luís Seoane e continuará en
vindeiras semanas coa presenza de diversos convidados que se irán anunciando
en posteriores convocatorias e a través da páxina web do Colexio.
Para inscribirse nos almorzos pódese chamar ó 981 93 56 70 ou enviar un
correo á xornalistas@xornalistas.com. O aforo é limitado.
O CPXG, entidade de dereito público creada pola lei 2/1999 do Parlamento de
Galicia, suma máis de 1.100 colexiados repartidos entre as sete demarcacións
coas que conta. Entre os seus obxectivos figura en lugar destacado afondar
na mellora das condicións nas que os xornalistas levan a cabo o seu
traballo, a defensa profesional dos seus membros e a garantía de
independencia e liberdade informativa en beneficio da sociedade galega.

Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia