Skip to main content

Belén Prado aposta pola regulación da inmigración para atender ás necesidades dos mercados de traballo

A incidencia da inmigración no emprego ten que ser valorada á hora de deseñar medidas lexislativas que regulen a inmigración de cara ao noso país. A Unión Europea establece que a regulación da inmigración debe planificarse atendendo aos mercados de traballo. Esta iniciativa da prioridade á inmigración procedente dos países cos que temos unha maior afinidade cultural. Así o puxo de manifesto a conselleira en funcións de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, Belén Prado, na presentación do cuarto número da Revista Galega de Emprego: Procesos migratorios en Galicia: Sociedad, Economía y Empleo, que se celebrou no Centro Cultural da Deputación de Ourense.

A titular de emprego en funcións destacou na súa intervención a importante transformación que está a experimentar Galicia coa chegada de inmigrantes procedentes doutros países. Unha nova situación que ten a súa orixe nos cambios experimentados pola Comunidade Autónoma nos últimos anos en materia económica e social.

Os procesos migratorios repercuten de xeito notable sobre o incremento do emprego no noso país. De feito, entre os anos 1998 e 2003 Galicia recibiu máis de setenta e catro mil persoas procendentes do extranxeiro, o que contribuiu a manter un saldo migratorio positivo na Comunidade e a dinamizar a economía rexional. Así o explicou a titular de Emprego en funcións na presentación desta mañá en Ourense.

Así mesmo, a responsable de Asuntos Sociais fixo fincapé no aumento do número de ocupados en Galicia no período que vai dende 1998 ata o primeiro trimestre de 2005, que foi de máis de 174.000 persoas mentres que o número de parados reduciuse en preto de 73.000. Prado manifestou que ese é un dos aspectos positivos da inmigración, do cal se beneficiou non só Galicia senón tamén o conxunto de España, contribuindo a equilibrar a caída da natalidade e o envellecemento da poboación local.

CONTIDO DA REVISTA

Neste último número da Revista Galega de Emprego, analízase a cancelación do ciclo migratorio galego, xunto coas súas repercusións económicas nos procesos migratorios e de retorno así como o resultado da creación de microempresas noutros sectores. Doutra banda, destácase a incidencia demográfica e de crecemento da poboación entranxeira en Galicia. Tamén, se comtempla a inserción laboral e do sistema educativo da poboación inmigrada.

O obxectivo deste novo número da publicación é aportar novos puntos de vista que acheguen aos cidadáns un dos fenómenos sociais máis importantes que se están a producir en Galicia.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia