Filmanova Invest, no Festival de San Sebastián
O Martes 20 de setembro ás 13’00 no Hotel María Cristina (Salón Excelsior) no marco da 53ª Edición do Festival de cine de SAN SEBASTIAN, FILMANOVA INVEST dará a coñecer os novos proxectos que está a desenvolver:
OJOS, de Juan Taratuto. Unha comedia sinxela e irresistible, con toques de romanticismo. Neste proxecto reúnense dous dos novos talentos de máis éxito do cine arxentino: o director Juan Taratuto, que triunfa nas taquillas con “No sos vos soy yo” e o guionista Pablo Solarz, autor do aclamado guión de “Historias Mínimas”. Coproducen Filmanova Invest(España)- Notro Films (España) e Rizoma Films (Arxentina).
PORTOVERO, de Daniel Schmid (afamado director suizo, autor dunha ducia de películas) e co guión do prestixioso Barry Gifford (“Corazón Salvaje” e “Carretera perdida”, de David Lynch). A rodaxe terá lugar en Alemaña, Suiza e Galicia. Coproducen Filmanova Invest (España) e T&C (Suiza).
EL PAIS DE LAS ULTIMAS COSAS, dirixido por Alejandro Chomski e con guión de Paul Auster, baseado na súa novela homónima (Auster é
guionista de películas tan populares coma “Smoke”, “Blue in the face” ou “Lulu on the Bridge”). Coproducen Filmanova Invest (España)- Pentagrama Films (España) e Aquafilms (Arxentina).
Anunciaránse as vindeiras estreas:
CAMARÓN de Jaime Chavarri, biografía do célebre cantaor flamenco que se proxectará o domingo 18 de setembro no Velódromo de Anoeta, en SAN SEBASTIAN e que ten prevista a súa estrea comercial para novembro de 2005.
GALATASARAY-DEPOR, ONE DAY IN EUROPE, de Hannes Stöhr, estreada na Sección Oficial da Berlinale 2005. Estrearase próximamente en España.
HOTEL TIVOLI, de Antón Reixa. Ven de rematar a rodaxe en Groenlandia, Arxentina, Portugal, Dinamarca e España.
Durante o acto, falarase das recentes estreas de Filmanova Invest, SEÑORA BEBA, de Jorge Gaggero, que ven de participar en numerosos festivais internacionais, acadando un bo número de premios (entre os que compre destacar o Premio Especial do Xurado no FESTIVAL DE SUNDANCE 2005) e NO SOS VOS SOY YO, de Juan Taratuto, estreada con gran éxito de público e crítica, con máis de 700.000 espectadores en Arxentina e España.
Asistirán ao acto, DANIEL SCHMID, BARRY GIFFORD, ALEJANDRO CHOMSKI, JAIME CHAVARRI, ANTÓN REIXA …

Prensa Filmanova Invest