Skip to main content

Luis Álvarez Pousa, galardoado nos Premios Atlántida

A entrega dos premios terá lugar en Barcelona mañá martes, 11 de novembro, no transcurso da Nit de l´Edició (Noite da Edición), que chega á súa XVIII convocatoria, e na que estarán presentes representantes da política, da economía e da cultura de Catalunya. Os premios Atlántida son o recoñecemento do sector editorial ás personas, institucións ou medios de comunicación que máis se distinguiron polo seu apoio decidido ó libro e ó fomento da lectura.
Nesta mesma edición, Luis García Berlanga recibirá o premio Atlántida Especial á Labor Cultural, pola súa destacada traxectoria artística e o valor cinematográfico e cultural da súa ampla obra.
GALARDOADOS NOS PREMIOS ATLÁNTIDA 2003
O resto dos premiados foron, por apartados:
-Premio ó mellor diario ou revista polo conxunto do seu traballo: La Contra de La Vanguardia, polo seu esforzo en darlle a coñecer ó gran público a personalidade e a obra de numerosos autores.
-Premio ó mellor medio ou programa de radio ou televisión: Un idioma sin fronteras, de Radio Exterior de España, pola súa decidida contribución á difusión da lingua española e dos seus autores, así como pola súa constante atención ó mundo editorial.
-Premio ó mellor presentador ou director de programa de radio ou televisión: Félix Linares, director e presentador do programa de Radio Euskadi Euskal Graffiti, pola súa longa traxectoria profesional dedicada á promoción do libro e ó fomento da lectura en diferentes medios de comunicación, prensa, radio e televisión.

-Premio ó mellor medio, programa, presentador ou director de programa de televisión en lingua catalana: Millennium, do Canal 33 de TVC, dirixido e presentado por Ramon Colom, por tratarse dun programa cultural no que sempre está presente e se fai referencia constante á bibliografía do tema do que se fala.
-Premio ó mellor medio, programa, presentador ou director de programa de radio en lingua catalana: Llegir per sentir, de Ràdio Vilafranca, dedicado específicamente á literatura infantil e xuvenil, que se emite cada semana e que este ano celebra o seu décimo aniversario.
COMPOSICIÓN DO XURADO
A Xunta directiva do Gremi d’Editors de Catalunya, que fallou os premios ATLÁNTIDA 2003, está integrada por: Presidente: JOSEP M. PUIG DE LA BELLACASA (Multimedia); Vicepresidente 1º: ANTONI COMAS PLANAS (Tibidabo); Vicepresidente 2º: JULIÀ VIÑUALES SOLÉ (Folio); Vicepresidente 3º: MANUEL SANGLAS MUCHART (Enciclopèdia Catalana); Secretario: JORDI ARNAU ARNAU (Beta); Tesorero: JOSEP M. BOIXAREU VILAPLANA (Marcombo); Contador: BENET LLEBARIA CASAÑÉ (Enciclopèdia Catalana); Vocais: LEOPOLD BLUME SCHNITZER (Naturart), FERNANDO CARRO DE PRADA (Círculo de Lectores), ANNA DEXEUS MADI (Médici), ENRIC FOLCH RÍOS (Paidós Ibérica), MÒNICA GILI GALFETTI (Gustavo Gili), POPPY GRIJALBO DE GRANDI (Serres), JORGE DE HERRALDE GRAU (Anagrama), JOSEP MANUEL LARA BOSCH (Planeta), LLUÍS ANTONI DEL MOLINO JOVER (Molino), JOSEP LLUÍS MONREAL (Océano), JOAN PASCUAL BLASCO (Plaza & Janés), FREDERIC RAHOLA AGUADÉ (Teide), JORDI ÚBEDA BAULÓ (Publ. de l’Abadia de Montserrat), JAUME VALLCORBA PLANA (Quaderns Crema), ALBERT VICENS RAHOLA (Vicens Vives), ANA ZENDRERA ZARIQUIEY (Sirpus); e Secretario xeral: SEGIMON BORRÀS CAMPOS.
Tempos Novos