Skip to main content

Fademga Feaps Galicia fima un convenio con Obra Social caixa Galicia ca presenzcia do Vicepresidente da Xunta , D. Anxo Quintana

O presidente de FADEMGA FEAPS GALICIA, D. Julio Cortiñas López, firmou esta tarde un convenio co Director Xeral Caixa Galicia. D. José Luis Méndez, polo que a entidade financeira concedeu á Federación de Asociacións en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia, un total de 36.000 euros para favorecer o transporte das persoas con discapacidade intelectual.


O Director Xeral de Caixa Galicia, D. José Luis Méndez, recalcou que o pasado ano 2004 beneficiaronse un total de 5.000 persoas do convenio de colaboración de transporte que mantén a Obra Social Caixa Galicia con FADEMGA e que se traduce na concesión nestes últimos cinco anos dun total de 24 vehículos para o transporte das persoas con discapacidade intelectual.


O acto desta tarde estivo presidido polo Vicepresidente da Xunta de Galicia, D. Anxo Quintana, quen se comprometeu ante as asociacións alí presentes (FADEMGA, GOGAMI, Down Galicia, FEAFES e Xordos de Galicia) a “dar un paso adiante” na axuda ó colectivo discapacitado de Galicia co obxectivo de “institucionalizar os asuntos sociais do mesmo xeito que xa se fixo ca sanidade para acadar un verdadeiro estado de benestar”. Quintana asegurou que éste “é un paso importante que hai que dar, que temos que iniciar xa sen demora”.
Quintana afirmou que un goberno democrático “que se precie debe ser aquel que protexa ós desprotexidos” e salientou que a área social “terase en conta como unha guía do goberno actual”. O vicepresidente insistiu en que os asuntos sociais neste período “non van ser a última carta do goberno” e quiso deixar claro que “non se trata de gasto social senón de investimento social que ten que ser sinónimo de investir en futuro e en progreso”.

O nacionalista falou ante os presidentes das cinco asociacións presentes dun tecido asociativo “riquísimo e moi traballador” e considera que a relacións deste tecido asociativo ca anterior administración “foi unha relación caritativa, e non pode ser que a relación ca administración sexa de petición é concesión de subvencións”. Quintana falou de “dar un paso adiante para aminorar o problema. A partir deste liderazgo e con ese obxectivo a administración debe colaborar codo a codo cas asociacións. Non hai que esperar o problema senón hai que saír á rúa e camiñar xuntos”.


O responsable da Vicepresidencia de Igualdade e Benestar Social recoñeceu que alí onde existe unha persoa con discapacidade “existe un problema pero non se trata dun problema único á persoa ou ó seu entorno familiar senón que é un problema social e como tal é un problema do goberno”.


Cristina Díaz
Departamento de Comunicación de FADEMGA FEAPS GALICIA