Skip to main content

O Colexio de Xornalistas de Galicia condena a agresión perpretada contra a delegación de TVE en Vigo

1.- Rexeitamos e condenamos esta agresión, ou calquera outra, perpetrada contra un medio de comunicación e, en xeral, o emprego da violencia, que entendemos innecesaria e inxustificada.
2.- Expresamos a nosa solidariedade e o noso apoio ós profesionais de TVE, nomeadamente ós que desempeñan o seu traballo en Vigo, e facemos votos para que nin eles nin outros profesionais da información teñan que pasar por semellantes trances.
3.- Como xa fixemos noutras ocasións, reiteramos que a palabra e o diálogo son, e han ser, os instrumentos da convivencia, e o lexítimo exercicio da crítica, nunha sociedade libre, plural e democrática, capaz de sobrepoñerse a estas agresións e de neutralizar as accións dos partidarios da violencia.
Colexio de Xornalistas de Galicia