Skip to main content

Membros da Lugo Film Commission charlan en Ourense sobre o papel das oficinas de rodaxe

O Centro Cultural da Deputación de Ourense acolleu a charla “Á procura do lugar axeitado: o papel das Film Commissions”. Ademáis dun representante da oficina de rodaxe de Santiago de Compostela, na mesa de poñentes participaron Marcos Rodríguez e Estefanía Sancosmed, os dous bolseiros da Fundación TIC que coordinan na actualidade a Lugo Film Comisión.
Ademáis da súa experiencia actual, Marcos Rodríguez aportou as claves para poñer en marcha un servizo destas características indicando tódolos pasos necesarios para abrir unha oficiña de rodaxes, xa que esa foi a súa tarefa para superar o módulo de FCT dentro dos seus estudos de Producción na Escola de Imaxe e Son de Lugo.
Esta conferencia forma parte do programa da cuarta edición das xornadas de Formación e Audivisual que se están a celebrar en Ourense como complemento ao Festival Internacional de Cine Independente, que este ano celebra o seu décimo aniversario.

Lugo Film Commission

Lugo Film Commission é unha oficina de promoción de rodaxes creada o pasado mes de xuño mediante convenio subscrito polo Consorcio Audiovisual de Galicia e a Fundación TIC promovida pola Deputación Provincial de Lugo.
A responsabilidade do seu funcionamento corresponde á Fundación TIC e os seus obxectivos son os seguintes:
o Promocionar o territorio da provincia como espazo axeitado para a rodaxe e produción de todo tipo de obras de carácter audiovisual.
o Tramitar os permisos de rodaxe.
o Ofertar apoio loxístico ós produtores de ámbito nacional e internacional pertencentes ó sector audiovisual.
o Asesorar na busca de localizacións.
o Proporcionar ó sector técnicos e servizos para a posta en marcha de producións audiovisuais.
o Facer o seguimento das rodaxes que se produzan en Lugo e a súa provincia.
o Colaborar na formación dos alumnos da Escola de Imaxe e Son de Lugo (CPR TIC).
o Fomentar as actividades de formación audiovisual .
o Asistir e participar en eventos relativos á promoción e produción audiovisual e/ou coa promoción turística fomentando deste xeito o patrimonio cultural da provincia.
o Colaborar co Consorcio Audiovisual de Galicia e outras entidades na realización de actividades relacionadas co sector audiovisual.
o Elaborar informes ou memorias anuais sobre o desenvolvemento do sector audiovisual en Lugo.
Fundación TIC