Skip to main content

O Colexio de Xornalistas de Galicia celebra o indulto concedido a Ali Lmrabet e a outros seis xornalistas en Marrocos

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
Ali Lmrabet cumpriu 213 días na cadea e levou a cabo dúas folgas de fame que afectaron seriamente a súa saúde. Outros 32 presos, entre eles seis xornalistas, foron tamén indultados polo rei de Marrocos.
O Colexio subliñou a importancia da presión internacional para a concesión destes indultos e moi especialmente os chamamentos de diferentes organizacións profesionais.
Para o Colexio o indulto supón un triunfo para a liberdade de expresión, pero non debe permitir o esquecemento de que esa liberdade e outros dereitos fundamentais non son máis ca unha aspiración en moitos países nin o feito de que 133 xornalistas sofren hoxe penas de prisión en todo o mundo.
Nese senso lembra que Ali Lmrabet é o representante en Marrocos de Reporteiros Sen Fronteiras (RSF), organización que vela pola defensa da liberdade de expresión e á que está adherida, e coa que colabora estreitamente, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia