O audiovisual galego, convidado ao primeiro encontro franco-español de cine
Ata o 19 de xaneiro, unha delegación galega do sector audiovisual asiste, como convidadada, ao I Encontro Franco-Español de Cine que se celebra en París. A delegación está composta polos produtores Pancho Casal (Continental Producciones), Cani Martínez (Filmanova), Javier Valiño (Aldea Films) e por Nacho Varela, Director-xerente do Consorcio Audiovisual de Galicia.
Nacho Varela participa nunha táboa redonda na que se debaterá sobre o papel das rexións en Europa nas medidas de fomento e nas coproducións. Trátase, segundo o xerente do Consorcio, dunha boa ocasión para transmitir o labor que dende Galicia se ven facendo no audiovisual e que de novo volve a ser recoñecida internacionalmente.
O Director do Consorcio pon de manifesto a necesidade de tomar conciencia da importancia que as Comunidades Autónomas no estado español e as rexións en Europa teñen de cara ao fortalecemento do audiovisual no continente, xa que as necesarias medidas e acordos estatais teñen que ter o seu reflexo e execución no marco das rexións porque nelas é onde reside a forza creativa, profesional e empresarial e polo tanto constitúen unha nova forma de entender o sector.
Para Varela, un dos principais obstáculos está en que as grandes decisións dos Estados para a definición de plans e estratexias audiovisuais, a posta en práctica de grandes liñas de axuda no marco da Unión Europea, convértense en auténticas entelequias cando non se achegan estas medidas aos interesados, asegurando a igualdade de oportunidades e no caso da administración pública os principios de publicidade, concorrencia e transparencia.
Por outra banda, o xerente do organismo galego sinala que é difícil entender a permanente reivindicación da diversidade cultural sen contemplar que é nesa división territorial onde se atopa a auténtica esencia dese concepto, polo menos na maior parte dos casos. Nesta liña, a busca desa complementariedade suporá unha nova opción para un sector audiovisual europeo, necesario e forte ante calquera intención de colonialismo cultural.
O Encontro Franco-Español de Cine está organizado polo Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales (ICAA) e pola entidade pública estatal francesa UNIFRANCE e desenvólvese entre o 17 e o 19 de xaneiro en París. Neste foro abordaranse os problemas dos sectores implicados na industria, o incremento das coproducións e a mellora da distribución.
No programa de actos contémplase un tempo para os encontros entre profesionais nos que os produtores terán a oportunidade de facer a presentación dos seus proxectos.
Os organizadores do encontro anuncian a clausura do mesmo a cargo dos Ministros de Cultura de Francia e de España.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia