Skip to main content

Filmanova acada tres premios Goya co filme Camarón

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
A Academia, valorou a excelente interpretación de Oscar Jaenada con alma de Camarón, así como o traballo técnico de caracterización do actor e equipo artístico no vestuario. A película foi vista por máis de 500.000 espectadores na súa exhibición en salas e a crítica coincidíu unánimemente en resaltar o labor do actor Oscar Jaenada.

O filme no que a produtora galega participa, foi presentado na pasada edición do Festival de Cine de San Sebastián onde xa Jaenada obtivo unha calurosa ovación froito do papel que interpreta e no que parece o mesmo cantaor. Tanto é así que durante a rodaxe en San Fernando ( Cadiz) a xente paraba ó actor pola rúa para pedirlle autógrafos ou falarlle como se realmente fose o auténtico mito...

Filmanova, que coproduce con Monoria Films esta cinta, confirma así a súa estratexia  de abrirse a realizar proxectos de carácter independente, cultural e internacional.
Comunicación Filmanova