A Mocidade pola Normalización Lingüística pide que Shin Chan tamén se poida ver en galego en Cartoon Networks e Antena 3

Ademais de ás emisoras de televisión afectadas, as Mocidades da Mesa dirixíronse a R, a operadora de cabo galega que conta con Cartoon Networks no seu menú de opcións. No anuncio que emite Cartoon Networks explícase que existe a posibilidade de ver a serie en castelán ou catalán, grazas ao sistema DUAL. Isto fai máis incomprensíbel aínda que non se ofreza a opción en galego, que tecnicamente non tería maiores complicacións.
A Mesa pola Normalización Lingüística