Skip to main content

Xornadas: As Vilas na Sociedade da Información

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
Baixo a denominación de Vilas Dixitais, ámbolos dous municipios participan no programa Ciudades Digitales, promovido polo Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía. O obxectivo desta iniciativa pasa por dar a coñecer a situación da sociedade da información e do coñecemento nas vilas e pequenos municipios alonxados das grandes cidades, así como as vantaxes que esta pode depararlles aos seus cidadáns.
As xornadas analizarán o marco que as distintas administracións (dende a Unión Europea aos propios concellos) propoñen para implantar a sociedade da información. Ademais abordarán aspectos como o ofrecemento de boas prácticas desenvoltas en municipios punteiros, e darán unha visión das dificultades e solucións de conectividade nestas zonas de difícil acceso tecnolóxico.
O programa completo das xornadas, nas que estarán representadas a Comisión da Unión Europea, o Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía, a Xunta de Galicia, a Generalitat Valenciana, Goberno Vasco, Junta de Extremadura, concellos e diversas operadoras de telecomunicacións, está dispoñible no enderezo web http://xornadas.vilasdixitais.org
 
Eganet