Skip to main content

Dimite a Xunta Directiva da Academia Galega do Audiovisual

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
Seguindo o estipulado nos Estatutos que rexen o funcionamento da Academia Galega do Audiovisual, o venres 31 de marzo dimite a actual Xunta Directiva da Academia, que preside Manolo Gómez e que ten como Vicepresidentes a Miguel Anxo Fernández e a Isabel Blanco, e que esgotaron xa os 3 anos de mandato estipulados. Dende o luns día 3 de abril e ata o 15 de maio, está aberto o prazo de presentación de Candidaturas para a elección da nova Xunta Directiva, que será elixida polos socios e socias da Academia o 31 de Maio.

Durante o mes de abril, @s académic@s celebran a Asemblea Ordinaria anual que establecen os Estatutos, e nela, a Xunta Directiva en funcións presentará a Memoria de Actividades realizadas ó longo do seu mandato, actividades que abranguen dende Foros, Congreso, Seminarios, Cursos, os Premios Mestre Mateo e outras moitas actuacións encamiñadas a cumprir os fins polos que foi creada a Academia Galega do Audiovisual, como son a promoción e defensa da imaxe pública do conxunto dos profesionais do sector, premiar e galardoar ós profesionais ou as obras audiovisuais máis descadas no exercizo das súas actividades artísticas ou profesionais mediante a convocatoria dos Premios MM05, o desenvolvemento e perfeccionamento das distintas especialidades relacionadas coa produción audiovisual, o intercambio de experiencias entre os seus membros e a coordinación dos diferentes aspectos das súas actuacións e a análise dos problemas profesionais comúns, así como o establecemento de intercambios científicos e culturais con entidades similares, e outros fins semellantes conducentes á vertebración e posta en valor do sector audiovisual galego e os seus profesionais.
Gabinete de Comunicación da Academia Galega do Audiovisual