Skip to main content

A publicación de banda deseñada galega Barsowia ven de ser escollida como un dos cinco mellores fanzines de España no ano 2005

En xuño celébrase o evento e fállanse os premios en todas as súas categorías. Barsowia é a única obra en galego nominada a algún premio. 
 
Barsowia, fundada en 2003, é unha revista independente de periodicidade cuadrimestral promovida polo colectivo Polaqia, o cal agrupa a dez autores autóctonos como núcleo de traballo. Ademais, promove talentosos autores novos de Francia, Estados Unidos ou Portugal. Barsowia acadou o pasado xaneiro o seu sétimo número e publica obras en galego e portugués, recollendo boa parte do mellor cómic que se está a facer en Galiza na actualidade.
 
O colectivo Polaqia foi fundado en 2001 e desde entón ten publicado ducias de autores, rebasou as oito mil unidades de banda deseñada editadas e divulgou dezaseis títulos. A candidatura aos Premios de Barcelona é o primeiro recoñecemento oficial que recebe.
 
No transcurso deste 2006 Polaqia está a celebrar o seu quinto aniversario e prepara numerosas novidades editoriais tanto no ámbito autonómico como estatal.
Barsowia