Skip to main content

A Secretaría Xeral de Comunicación anuncia que Jaime Pena será o novo director en funcións do CGAI

A Secretaría quere deixar claro que esta actuación, así como calquera outra que se tome, estará presidida pola transparencia e por principios éticos. A Secretaría informa de que o nomeamento formal se levará a cabo unha vez solucionadas as xestións administrativas oportunas.

Perfil

Jaime Pena Pérez é natural de Miño, A Coruña. Licenciado en Xeografía e Historia e programador dende o ano 1992 do CGAI. Publicou artígos en revistas como Vértigo, Grial, Archivos da Filmoteca, Journal of Film Preservation, Letras de Cine, El Amante o Secuencias e colaborou en distintas publicacións sobre cine español, tales como o Diccionario del cine español (Alianza Editorial/Academia de las Artes y Ciencias Cinematográficas de España) ou Antología crítica del cine español (Cátedra/Filmoteca Española). Igualmente é un dos coordinadores do Diccionario do Cine en Galicia (CGAI, 2002) e do Audiovisual Galego 2003 (CGAI, 2003). É autor de El espíritu de la colmena (Paidós, 2004), premio da Asociación Española de Historiadores de Cine á mellor monografía do ano e, xunto a José Luis Castro de Paz, Cine español, otro trayecto histórico (IVAC, 2005).

A Secretaría quere ademais facer un recoñecemento á labor do anterior director, José Luis Cabo, ao frente da institución, extensible a todo o equipo.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia