Os escolares presentan en Ponte...nas Ondas! os seus traballos radiofónicos sobre o Patrimonio Inmaterial Galego Portugués

“Os sons da ponte” é o título xenérico sobre os que os escolares elaboraron os seus programas radiofónicos, nos que continuaron co traballo realizado entorno ao Patrimonio Inmaterial Galego Portugués que fora presentado ante a UNESCO para ser declarado Patrimonio da Humanidade.
Os nenos do CEIP de Pazos de Reis, de Tui, serán os responsables de presentar o programa e saudar a cada un dos estudos participantes. Ás dez da mañá o colexio Seis do Nadal de Vigo realizará o primeiro programa titulado “Sons á beira do mar” dende Radio Ecca en Vigo, tras eles de novo no Teatro Municipal de Tui os alumnos do CEIP de Pazos de Reis achegarán o seu programa titulado “As pontes que nos unen”. “O noso son”, “Sons de Salvaterra” , “Ecos de Allariz”, “As pompas do Son” , “Tui máis pretodo ceo” , “Historia da vida na Ponte” ou “Patrimonio Vivo” son outros do programas que se emitirán ao longo da xornada, ata ás 9.30 da mañá do sábado día 27.
O mundo da cultura aposta tamén por Ponte...nas Ondas! coa estrea de tema en exclusiva
Ao longo das 24 horas que durará Ponte...nas Ondas! xunto as voces dos escolares participantes tamén soarán as de artistas do mundo da cultura que dende hai anos se involucraron nesta experiencia radiofónica. A colaboración deste ano ten amais a peculiaridade de contar coa estrea de temas dalgúns artistas e de composicións creadas para a ocasión.
O cantautor galego Narf, en colaboración con Amelia Muge, puxo música ao poema de Rosalía de Castro “Eu levo unha pena” nunha composición creada especial para Ponte...nas Ondas! que mañá será estreada en exclusiva. Mentres Luanda Cozzite interpreta para esta importante ocasión un tema da tradición común galego-portuguesa o “Alecrin”. Os Timbila Muzimba presentarán o son dun instrumento o “timbila” que foi recoñecido pola UNESCO coma Patrimonio da Humanidade.Non faltará tampouco a unión das dúas beira coa Banda de Poi.
Ponte... nas Ondas