Skip to main content

Unha candidatura unitaria presidida de novo por Manolo Gómez rexe a Academia Galega do Audiovisual os próximos tres anos

Manolo Gómez continuará tres anos máis como Presidente da Academia Galega do Audiovisual, encabezando unha única candidatura presentada que reunificou a distintos profesionais presentados na anterior elección do 2003 en distintas candidaturas. Así, non fixo falta votación para elixir á única candidatura presentada: foi o asesor xurídico da A.G.A., Miguel Lorenzo, quen proclamou esta candidatura.

Os integrantes da nova Xunta Directiva que preside Manolo Gómez, está integrada polos vicepresidentes Pepe Coira e María Bouzas, sendo vocais Carlos Amil, Carlos Ares, Xaime Fandiño, Fubén García-Loureda, Nani García, Paco Lodeiro e Tania Rodríguez, uns compoñentes que representan á práctica totalidade dos sectores profesionais que integran o audiovisual galego.

No decurso da Asemblea celebrada na sé oficial da A.G.A. na Coruña, houbo tamén palabras de agradecemento –expresadas por Antón Reixa- para a xestión levada a cabo pola ata agora xerente da Academia, Mamen Quintas, que supuxo a columna vertebral das actividades e iniciativas levadas a cabo ó longo destes tres anos de mandato.


Gabinete de Comunicación da Academia Galega do Audiovisual