Skip to main content

O documental La casa de mi abuela convértese no primeiro filme galego que se estrea en salas comerciais de EE.UU.

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
A longametraxe La casa de mi abuela estrearase a finais do mes de xullo no Music Hall de Los Ángeles, en Estados Unidos. Grazas á boa difusión do filme en distintas cidades, os produtores decidiron dar o paso de estrealo en Estados Unidos no marco dun programa de proxeccións que durará catro meses e que percorrerá distintas cidades do país.

Á presentación acudiron o director do Consorcio Audiovisual de Galicia, Nacho Varela, e os produtores do filme, Ignacio Benedeti e Juanjo Jiménez. O documental, producido pola empresa galega IB Cinema, está patrocinado pola CAM e naceu grazas á colaboración do Consorcio Audiovisual de Galicia e a Televisión de Cataluña.

A longametraxe foi galardoada con varios premios internacionais coma o “Jori Ivens” no Festival de Documentais de Ámsterdam ou o Premio Especial do Xurado no Festival Hot-Docs de Toronto. Todo isto contribuíu ó éxito acadado polo documental en distintas cidades do mundo, coma Chicago, Miami, Pamplona, Madrid, Belgrado ou Brooklyn.

A trama de La casa de mi abuela baséase na relación de Marina, unha nena de 6 anos, coa súa avoa de 75. A rancia educación que lle dá a avoa á rapaza fai que esta se rebele contra ela e calquera outra persoa que intente corrixir o seu irreverente comportamento, o que fará aflorar todo tipo de sentimentos e conflitos.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia