Skip to main content

A Academia Galega do Audiovisual, contra do crime dos lumes

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
A Academia Galega do Audiovisual une a súa voz á de toda a cidadanía galega en defensa da terra, da natureza e da vida, e en contra do inconcibible crime que estamos a padecer.

A nosa é unha voz de ánimo ós que están loitando por apagar o lume e de conforto ós que sufren as consecuencias máis directas e irreparables dos incendios. Oxalá se identifique e deteña ós culpables; oxalá sexamos quen colectivamente de atopar solucións que rematen con esta enfermidade crónica do noso país.

O audiovisual galego é voz e imaxe dunha sociedade; oxalá poidamos contribuír desde a nosa función a que teña fin esta terrible historia.
Xunta Directiva da Academia Galega do Audiovisual