Skip to main content

Comeza a rodaxe da nova curta de Jairo Iglesias: Rosa dos Ventos

Belén Constenla protagoniza xunto a Miguel Borines, María Castro e Fernando Morán unha historia de amor e soidade na costa da morte. ‘Ao marido de Rosa levouno o mar hai tempo e intenta vivir dos recordos, pero descobre que non son suficientes para calmar o baleiro de tantos anos de soidade’ en palabras do director.

Supón a primeira curta en galego do realizador santiagués ‘porque esta historia non tería sentido noutra lingua, é unha historia galega, próxima e real’.

A curta conta co apoio da Xunta de Galicia, producida por produccionesRETRATO e coproducida por Formatoriginal. Tamén contan coa colaboración do Concello de Malpica, PousadaSon e Dobleclic.info.

Na páxina web www.rosadosventos.es pódese ler un diario de rodaxe do director mentres está sendo deseñada outra páxina web especial para a promoción.

Tamar Novas foi o director de cásting da curta, facendo un traballo espléndido, e o equipo que traballou con Iglesias nos seus anteriores traballos mantense practicamente igual.

A curta terá unha duración aproximada de 17 minutos e gravarase en Alta Definición.

INFORMACIÓN DE PRODUCIÓN

DURACIÓN APROXIMADA 17 minutos.

FORMATO DE GRAVACIÓN ALTA DEFINICIÓN

LOCALIZACIÓNS MALPICA DE BERGANTIÑOS ( A CORUÑA)
RODAXE 7 DÍAS


SINOPSE

O marido de Rosa non volverá. Levouno o mar.
Ela busca consolo nos recordos pero descobre que non son suficientes para calmar o baleiro de tantos anos de soidade.

PÁXINA WEB DA CURTA – www.rosadosventos.es

Producciones Retrato