Skip to main content

Estréase A casa de 1906, primeiro programa de telerrealidade galega

Este concurso,unha das apostas mais importantes da nova tempada de TVG, plantexa os participantes un duro reto de supervivencia e
convivencia. ¿Poderia unha família actual vivir na época dos nosos antepasados?

“A Casa de 1906”é unha experiencia televisiva única na que dúas
familias viaxarán no tempo e vivirán durante sete semanas en 1906, en dúas casas queimitan á perfección as vivendas galegas de principios do século XX, sen luz eléctrica, auga corrente ou comodidades actuais. Os concursantes, ataviados com roupas de época, convertéranse en labregos de hai cen anos e traballarán a terra para conseguir o sustento.Estarán illados da vida moderna e vivirán literalmente como en 1906.

As familias participantes proveñen de Padrón e de A Coruña; e
representan tódalas franxas de idade: adultos, adolescentes, xoves e nenos. Participa incluso unha nena ecuatoriana acollida por unha das familias.

Durante agravación, ambas familias viven en casas próximas, case
adosadas,o que fará deles veciñosademais de rivais. A convivencia será, precisamente, o maior dos retos que terán, e tamén a principal fonte de problemas nas casas de 1906. Pero ademais as familias terán que facer fronte á dura vida cotiá da época e ás múltiples sorpresas que o programa teña preparadas para elas.

A produción correu a cargo das galegas Filmanova e Continental coa colaboración de Cabreiroá, quen colaborou neste formato dende o comezo como forma de conmemorar o seu Centenario (1906/2006). Cabreiroá fixo unha aposta firme por un formato único en Galicia para dar a coñecer os costumes da época da súa fundación a través dun ton divulgativo e cunha importante dose de entretemento para toda a familia.

O programa emitirase na galega os mércores, xoves e venres ás
21:30h e haberá un importante seguimento semanal con sorpresas, dende o programa LUAR.

As casas están ubicadas en Irixoa, en dúas vivendas que foron
rehabilitadas especialmente para “levalas de volta a 1906”. Os
participantes convertéranse durante dous meses no tema de conversa favorito dos veciños, que fixeron apostas entre eles sobre se poderían aguantar o modo de vida do século pasado.

Este formato está baseado no seu orixinal inglés “History House”,
emitido con gran éxito en Gran Bretaña e posteriormente en USA.

Máis información en1906@casade1906.com
Sergio Frade (Departamento de Comunicación de Filmanova)