O CPXG e a AELG presentan un Premio de Xornalismo Literario

primeira concreción vai ser a convocatoria de un premio de xornalismo literario. Tanto Xosé Manuel Vega como Cesáreo Sánchez amosaron a súa satisfacción pola sinatura de este acordo, que segundo Sánchez "era unha vella ilusión" da AELG.
Despois de proceder á sinatura formal do texto do convenio, Xosé Manuel Vega sinalou que se trata de un acordo para a participación "en actividades de interese recíproco" do Colexio e a Asociación de Escritores, que se fundamenta na estreita relación entre xornalismo e literatura, profesións que en
ocasións, segundo Vega, "teñen límites difusos". Na súa intervención salientou tamén o dobre compromiso "cos problemas e co idioma do país" que comparten ambas institucións, e tamén ambas disciplinas.
A continuación tomou a palabra Cesáreo Sánchez, que se centrou na íntima relación entre xéneros, afirmando que "a escrita xornalística é tamén un xénero literario", e lembrando a múltiples figuras da lingua e da literatura galegas que unificaron ambas profesións, como Otero Pedraio, Seoane, Ferrín,
ou Fernán Vello. Incidiu tamén na importancia do traballo de escritores e xornalistas na "normalización social e cultural do país" non só coa escrita, senón tamén coas novas formas de comunicación.
O primeiro froito deste acordo, que vai incluír diferentes actividades, como cursos ou conferencias, será convocatoria conxunta de un premio que recoñeza o labor de escrita xornalística de un escritor e/ou xornalista. Cesáreo Sánchez
expresou a vontade da AELG de convocar un premio dedicado a este xénero, que se sume aos que a Asociación xa convoca de narrativa, poesía, crítica literaria, ensaio, traducción... Así, o galardón recén presentado coincidirá na entrega cos mencionados, que se fan públicos cada ano a principios do mes das Letras. O sistema de funcionamento do premio será o que ata agora empregan ambos colectivos: colexiados do CPXG e asociados da AELG proporán candidatos, que despois serán votados democraticamente entre os mesmos xornalistas e escritores.
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG)