Arrancan as emisións de A Casa de 1906

As familias participantes proveñen de Padrón e de A Coruña; e representan tódalas franxas de idade: adultos, adolescentes, xoves e nenos. Participa incluso unha nena ecuatoriana acollida por unha das familias.
Durante a gravación, ambas familias vivirán en casas próximas, case adosadas, o que fará deles veciños ademais de rivais. A convivencia será, precisamente, o maior dos retos que terán, e tamén a principal fonte de problemas nas casas de 1906. Pero ademais as familias terán que facer fronte á dura vida cotiá da época e ás múltiples sorpresas que o programa tiña preparadas para elas.
A producción correu a cargo das galegas Filmanova e Continental que non dubidaron en proporlle á colaboración a Cabreiroá, coma formato ideal para a conmemoración do seu centenario 1906/2006. Inmediatamente a firma galega aceptou por considerar este formato como un bo medio de dar a coñecer os costumes da época, por ter un ton divulgativo ademáis de perseguir o entretemento.
O programa emitirase na galega os mércores, xoves e venres ás 21:30h e haberá un importante seguimento semanal con sorpresas, dende o programa LUAR.
As casas están ubicadas en Irixoa, en dúas vivendas que foron rehabilitadas especialmente para “levalas de volta a 1906”. Os participantes convertéranse durante dous meses no tema de conversa favorito dos veciños, que fixeron apostas entre eles sobre se poderían aguantar o modo de vida do século pasado.
OS CONCURSANTES
Familia González – Lema
(O Temple, A Coruña)
Integrantes:
1. José Antonio González 49 anos: Contable e cantante. Impredecible, voluntarioso. Tranquilo, serio e taciturno. Testarudo, gasta moita enerxía en facer comprender a súa opinión. Moi creativo, sensible. Egocéntrico e independente.
2. Margarita Lema 40 anos: Ama de casa, esforzada, abnegada, con moito carácter. Cordial, adaptase ben a situacións novedosas. Persona serena parece que quera tomarse a vida con moita tranquilidade.
3. Víctor González Lema 21 anos: Estudante alegre, competitivo, susceptible. Gusta facer cousas arriscadas, intentar actividades novas e cambiar constantemente de quefaceres . Impulsivo, indisciplinado , independente, fuxe dos formalismos. Simpático, líder.
4. Martín G. Lema 19 anos: Marmolista. Tranquilo, traballador, activo, dinámico, impresionable e optimista.
5. Sonia G. Lema 16 anos: Estudante. Realista, tímida, nervosa, algo conformista, vergonzosa. Humilde e sincera, sosegada, tende a actuar con calma.
6. Marcos González Lema 7 anos. Moi dinámico, inquedo, practica judo e encántalle xogar ao parchís. Agarimoso, mimoso, gosta de xogar cos seus irmáns.
Familia Peña - Ares
(Padrón, A Coruña)
[FOTO2Integrantes:
1. Carlos Peña 43 anos: Vendedor, moi falador, persuasivo, bromista. algo dominante, loita por impoñer o seu criterio. Testarudo e orgulloso , responsable e organizado. Manifesta grandes habilidades manuais. Solidario, cariñoso e xeneroso. Dotes de actor.
2. Sara Ares 44 anos: Ama de casa. sabe máis do que parece, garda sorpresas. Tenaz e constante con tendencia á cautela a sobriedade e a seriedade. Forte sentido da responsabilidade das normas e do deber.
3. Lorenzo Peña 21 anos: Estudante.Tímido, intelixente intuitivo e sagaz , cariñoso, moi achegado ao seu pai, voluntarioso.
4. Alicia Peña 16 anos: Estudante. Espontánea, visceral, con moitos prontos. Un pouco desconfiada , pode parecer rebelde en ocasións.
5. Liced Cachiguango, 4 anos: como nena ecuatoriana acollida na familia amosa moito agarimo por todos, fala como primeira lingua o galego. Simpática, faladora.
OS RETOS
Vivir sen electricidade nin auga corrente.
Vivir sen tecnoloxía moderna.
Vestir como hai cean anos, con xustiños, cirolas, enaugas e zocos de madeira.
Traballar unha horta cos aperos de labranza de 1906.
Coidar de 5 vacas, 10 ovellas, oito cabras, dous porcos, 60 galiñas e 8 coellos.
Cociñar en lareiras.
Subsistir sen axuda, porque nada se pode comprar e todo o terán que facer coas súas propias mans: pan, queixo, xabrón, roupa...
Pero o maior desafío é convivir.
¿Poderán as familias coexistir durante dous meses sen conflictos? ¿Competirán ou se axudarán?
A GALICIA DE 1906
EFEMÉRIDES:
Na comarca de Verín, a 70 km. de Ourense, en medio dun fermoso paraxe natural e procedente de máis de 100 mts de profundidade, xurde un manantial cuxas propiedades son analisadas por científicos como D. Santiago Ramón y Cajal. En 1906 nacía AUGAS DE CABREIROÁ, que dende entón adícase a embotellar e comercializar a auga mineral natural ata os nosos días.
Outras efemérides:
- Rexístrase o primeiro debuxo animado.
- Un grande tremor de terra destrúe San Francisco.
- Ten lugar o primeiro vó dun aeroplano.
- Fúndase o Deportivo de A Coruña.
- Picasso pinta “As Señoritas de Avignon”
- Faise a primeira emisión radiofónica.
- Nacen Aristóteles Onassis, John Houston, Josephine Baker, Billy Wilder e Pu-yi, o último emperador da dinastía chino-manchú.
- Invéntase un método para elaborar café instantáneo.
- La Voz de Galicia promove unha campaña para poñer coto as liortas e discordias que tiñan lugar nas festas, romerías e bailes que se celebraban ó aire libre, e que constituían “un verdadeiro perigo para a tranquilidade pública”.
- William Kellog inventa os Cornflakes.
- Abonda a publicidade das compañías navieiras que se disputan o negocio dos emigrantes.
- Gahndi, que comeza a súa acción política, fai voto de castidade.
- EE.UU. intervén militarmente en Cuba.
- Morren Pierre Curie, Valentín Lamas Carvajal e Paul Cézanne.
EQUIPO
Produción executiva: Xosé Morais
Marco Meere
Dirección: Sonia Barros
Coordinador de montaxe: Toño López
Realización: Beatriz del Monte
Produción: Carlos Amoedo
Suso Gay
Bárbara Zamuz
Martín Ramudo
Edición: Alejandro Enríquez
Manuel López
Javier Pérez Brun
Héctor Cerdeira
Guión: Xosé Morais
Coordinación de contidos: Sonia Barros
Arte: Marta Villar
Cecilia Bruquetas
Dirección de fotografía: Juan Morgade
Música: Juan de Dios Martín
José Ramón Bugliot
Cámaras: Fernando Dans
Juan Morgade
Axudante de realización: Carlos Alberto Alonso
Axudante de dirección: Alberto Lobelle
Vestiario: Ana López
Documentalista: Xavier Castro
Produtor delegado: Hilario Pino
Unha produción de A Galega en colaboración con Filmanova S.L. e Continental Producciones S.L. Patrocinada por Cabreiroá.
A CASA DE 1906 é a adaptación dun formato creado por Wall to Wall e distribuido por Zeal Television.
A CASA DE 1906:1906@casade1906.com
Sergio Frade (Departamento de Comunicación de Filmanova)