Skip to main content

Un estudo analiza as saídas profesionais dos titulados en Xornalismo pola USC entre 1995 e 2002

Esta é unha das conclusións do libro: Da Facultade ao mercado laboral. Estudo e análise das saídas profesionais da licenciatura de Xornalismo (1995-2002), informe que ofrece unha panorámica do que acontece cos estudantes de Xornalismo unha vez que rematan o seu paso polas aulas universitarias.
Este estudo será presentado mañá xoves, día 1 de abril, nun acto no que participarán o adxunto ao Vicerreitorado de Calidade e Planificación Estratéxica, Pedro Faraldo, o profesor e coordinador da investigación, Miguel Túñez, e os membros do equipo investigador Rosa Gómez e Marcos Pérez. A presentación desenvolverase a partir das 11:30 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca.
Da Facultade ao mercado laboral pretende servir de referente para saber en que condicións están a traballar as novas fornadas de xornalistas dos medios galegos, nos que se mantén unha tendencia de rexuvenecemento das redaccións que se traduce nun progresivo reequilibrio de xéneros, cunha presenza cada vez máis numerosa de mulleres.
Gabinete de Comunicación da USC