Skip to main content

Mr Misto Films e a Asociación InterRuris realizan un campus audiovisual en San Xoán de Rio_Ourense

Mr Misto Films desenvolve un programa “ah doc” a través de diferentes obradoiros e talleres que ten como resultado final a produción en apenas 10 dias de varias pezas audiovisuais en varios formatos e línguas. Produciranse varias curtas en ficción e documentario.

Os alunos proceden de diferentes centros e asociaición formativas e culturais de Europa: Vidzeme University College (Vidzemes augstskola), Valmiera, Letonia.
Link – Asociación Cultural, Altamura, Italia. ProBarroso – Asociación para o -desenvolvimento de Barroso, Portugal. Assemblé Générale des Etudiants de Louvain. Louvain-La-Neuve. Bruselas. Bélxica. Tallinn University Baltic Film and Media School. Tallinn, Estonia. Alunos Galegos vencellados á asociación InterRuris de Allariz, súmanse a éstas nacionalidades alunos porcedentes de Alemaña ou Finlandia.

Trátase dun intercambio xuvenil no que participan 30 mozos de 8 nacionalidades para tratar o tema da integración dos mozos inmigrantes en Europa, a través do audiovisual. A idea é unir nos mesmos talleres ou grupos de traballo, mozos e mozas de distintas culturas e nacionalidades para crear varias curtametraxes ou documentarios sobre a emigración e a integración dos mozos e mozas extranxeiros na Europa actual, que logo sexan difundidas en tódolos países que teñan participado na experiencia.

Son mozos e mozas 18 e 25 anos, motivados para aprender e coñecer novas experiencias. San Xóan de Río, provincia de Ourense. Albergue “Os Biocos”: www.biocos.net. Do 20 ao 30 de outubre de 2006.

Os Promotores

Mr Misto Films

Mr Misto Films nace no 2003 no seo Máster de Produción Audiovisual que imparte a Universidade de A Coruña. Unha novidosa proposta empresarial no eido do sector audiovisual galego. Unha proposta no marco da indústria do entretemento. Un proxecto galego ao cento por cento, cun modelo empresarial pioneiro callando proxectos no eido audiovisual e cultural con grande valor social.

Xunto coa clásica oferta de servizos dunha produtora audiovisual ao uso, Mr Misto Films desenvolve proxectos de formación de xeito práctico e motivador, desenvolvendo programas europeos neste eido, e vencellados a Universidade en moitos casos.

Cos seus obradoiros Mr Misto Films fai que a sociedade galega se achegue sen complexos ás novas tecnoloxías da información. Proxectos consolidados como o Obradoiro de Iniciación á Curtametraxe, onde en só trinta horas, un par de dúcias de alunos procuran ideas, elaboran un guión, producen e dirixen un filme de curta duración, acadándose unha visión xeral da produción audiovisual. Este Obradoiro está a percorrer diferentes vilas do país con grande acollidada desde o verán do 2004 e impártese ano tras ano na Universidade de Vigo. Son máis de cincocentos os alunos que teñen participado de maneira activa.

Deseño de contidos do proxecto Lugo en Acción (Fundación TIC Deputación de Lugo), Mr Misto impartiu obradoiros adaptados a rapaces de secundaria en 8 centros de ensino público da provincia de Lugo, que deron como resultados 9 curtas. Foi un proxecto desenvolvido en colaboración coa Fundación TIC e Localia Telelugo.

InterRuris

A asociación InterRuris foi fundada en 2005 para mellorar a formación, información, voluntariado e condicións de mobilidade en rexións rurais de Galicia. Para motivar aos xoves a tomar iniciativas, comprometelos no voluntariado, que teñan valor para realizar as súas propias ideas e realizar formación continua, a asociación promove actividades interculturais con xoves de areas rurais europeas. Nos intercambios xuvenís, servizos de voluntariado, as iniciativas de xuventude e as redes xuvenís poden desenvolver motivación e creatividade para establecer unha nova identidad xove e cultural con unha importante consciencia europea.
Noelia Vijande (coordinadora de Formación de Mr Misto)