Skip to main content

O martes, 6 de abril, será presentado en Santiago o diálogo Información, poder e ética no século XXI, no marco do Forum das Culturas Barcelona 2004

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
O martes, día 6 de abril, ás 11:00 horas, na Galería Sargadelos (Rúa Nova, 16, de Santiago de Compostela), será presentado en rolda de prensa o Diálogo INFORMACIÓN, PODER E ÉTICA NO SÉCULO XXI, organizado polo Col-legi de Periodistes de Catalunya dentro do FORUM DAS CULTURAS BARCELONA-2004, e que terá lugar os días 19, 20 e 21 do vindeiro mes de maio.
A presentación estará ó cargo de MANUEL CAMPO VIDAL, director do Diálogo e XOSÉ MARÍA PALMEIRO, Decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.
O Diálogo INFORMACIÓN, PODER E ÉTICA NO SÉCULO XXI pretende promover unha discusión bidireccional entre os medios de comunicación e a sociedade coa presenza de editores de medios públicos e privados, teóricos da comunicación, expertos, xornalistas, representantes da sociedade civil, usuarios/consumidores, creadores de opinión e pedagogos.
O obxectivo é facer balance da situación actual e no contexto dos dereitos da información e da liberdade de expresión no mundo, tendo en conta as diversas situacións xeopolíticas e sociais do planeta.
Cando se cumpren 25 anos da creación da comisión redactora do INFORME McBRIDE, impulsado pola UNESCO, o Diálogo INFORMACIÓN, PODER E ÉTICA NO SÉCULO XXI será tamén o punto de encontro dos especialistas do primeiro e único estudio realizado sobre a situación da información no mundo.
O FORUM DAS CULTURAS BARCELONA 2004 terá lugar en Barcelona entre o 9 de maio e o 26 de setembro e pretende converterse nun espazo para dialogar e reflexionar sobre os principais retos e problemas culturais e sociais que se plantexa o mundo do século XXI.

 

 
Colexio de Xornalistas de Galicia