Un proxecto da Fundación TIC participa no X Festival Internacional de Tv Barcelona

Dentro da súa sección Sorpresas, na que se amosan producións como animación, cortos, series, programas educativos, informativos infantís,… que traballan a temática infantil de calidade, foi seleccionado o programa Lugo en Acción que a pasada temporada emitiu Localia Telelugo e que estaba producido pola Fundación TIC.
Lugo en Acción
Este programa televisivo é so unha parte, ainda que a máis visible, dun programa de formación en linguaxes audiovisuais que durante o curso pasado a Fundación achegou a alumnos da ESO de toda a provincia.
Grazas a este proxecto formativo, que a Fundación ten previsto reanudar este ano, os estudantes tiveron a oportunidade de achegarse aos xéneros cinematográfico e televisivo elaborando diferentes produtos audiovisuais.
A serie contou cun total de nove programas nos que se seguía unha mesma estructura: emisión dunha curtametraxe rodada no centro educativo e do seu correspondente making off, unha entrevista a profesionais relacionados co sector da comunicación e, finalmente, un debate baseado no tema do corto.
Oito centros educativos e cento setenta e catro alumnos foron os responsables de que estes nove programas televisivos sairan ao aire cada mércores, de sete e media a oito da tarde, desde marzo ata xuño.
O Colexio Galén de Lugo foi o responsable do programa piloto no que os seus alumnos presentaron a curta “Por arte de maxia” e Xoan Mariño, responsable da produtora Mr. Misto a personaxe invitada.
O locutor radiofónico e speaker José Areñas, foi o entrevistado no programa conducido polos estudantes do CPI Tino Grandio de Guntín, que realizaron a curta titulada “Chuletas”.
O CPI de Castroverde participou en dúas ocasións coas curtametraxes “Un examen apretau” e “Estívoche ben”. Neses programas participaron como invitados o produtor musical Arturo Vaquero (Humanoid) e o director da Fundación TIC José Antonio Corredoira.
“Amoríos” foi o título da curta que realizaron os alumnos do CPI López Suárez de Friol que, ademáis, tiveron a oportunidade de entrevistar a un dos máis veteranos profesionais da radio lucense: Paco Rivera.
O IES Politécnico Lugo tamén quixo participar neste proxecto coa curtametraxe “O gran golpe”. Nesta ocasión o invitado foi Manuel Sicart, premio Ondas de radio no ano 1980.
O xornalista Lois Caeiro foi entrevistado polos estudantes do IES Río Cabe de Monforte, que, ademáis, amosaron a problemática da inmigración na súa curta “A estranxeira”.
Desde a costa lucense, en concreto desde o IES Dionisio Gamallo Fierro de Ribadeo, chegou a produción “Sen saída”. No programa, ademáis, contou a súa experiencia como director de cine o lucense Jorge Coira.
A primeira temporada do programa rematou coa participación do centro EPA de Lugo, que presentou a curta “Menuda sorpresa”. O xornalista José de Cora foi o invitado que pechou a serie de traballos realizados dentro do proxecto Lugo en Acción.
A violencia nas aulas, o racismo, o medioambiente, a igualdade entre homes e mulleres ou a compatibilidade de estudar e traballar, son algúns dos temas que interesan aos xóvenes lucenses e así o amosaron nos diferentes debates.
O FITB
O Festival Internacional de Televisión de Barcelona foi creado no ano 1997 e un dos seus máximos obxectivos é a loita pola existencia de contidos éticos nos medios de comunicación audiovisuais, especialmente na televisión infantil. Durante estes años, o FITB converteuse nun marco de reflexión e de promoción sobre a infancia e a influencia que os medios exercen nela. A través do Observatorio Europeo de Televisión Infantil, promotor do Festival, xurde a inquietude e a tarefa de potenciar a calidade dos programas televisivos creados para a infancia.
Fundación TIC