Skip to main content

Preséntase a publicación mensual Pegadas

Pegadas é unha nova publicación mensual orientada á comarca do Eume, un medio de comunicación comprometido co territorio e co medio rural. Pegadas é un proxecto de información impulsado pola Asociación Euroeume, que traballa dende hai 10 anos polo desenvolvemento do territorio. O acto de presentación celébrase na Casa da Cultura de Pontedeume, o día 1 de decembro, ás 8 da tarde.
 
Esta publicación pretende ser un instrumento ao servizo da nosa comarca; unha praza pública na que dalar do noso, un lugar de encontro para as instirucións, asociacións, empresas e persoas que fan deste territorio o seu modo de vida; un punto de apoio para que desexe facer medrar calquera iniciativa neste territorio. Que ninguén busque neste xornal a confrontación, a crítica gratuita, o debate político partidista, nin o enredo. Este xornal quere recuperar a información próxima ao cidadán, e fundamentalmente daqueles cidadáns que habitan no noso territorio. Pensamos que aquelas cousas que suceden nos nosos pobos son novas de interese, e que os medios de comunicación non prestan a atención que merecen. Por eso pretendemos que "PEGADAS" sexa un espazo de encontro e participación. Desexamos que esta publiciación sirva para que as persoas e colectivos da nosa comarca atopen un medio de difusión para as súas iniciativas e actividades.
 
Este xornal non está só, senon que forma parte dun ambicioso proxecto de cooperación centrado na información comarcal. Outras cfinco comarcas ao longo de diversos puntos do estado tamén  están a crear o seu propio xornal. Serán, como o noso, proxectos informativos próximos ao mundo rural; medios nos que os veciños se recoñezan posto que falan do seu pobo, das súas terras, paisaxes, escolas, iniciativas e problemas.
 
Sen outro particular despedímonos, agradecéndolles por anticipado a atención recibida, e a espera de poder contar con vostedes no noso acto de presentación.
Ángel Lorenzo Cea (Responsable de Comunicación Asociación Euroeume)