Fonmiñá convoca o certame para o cartel da XXIX Semana de Cine de Autor de Lugo
O Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, co fin de elexir o cartel que anunciará a XXIX Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, convoca o Concurso de Deseño Gráfico que se rexirá polas seguintes bases:
Cada autor poderá presentar ata un máximo de tres deseños. As dimensións do cartel estarán comprendidas entre os 21x30 cms. e os 35x50 cms. Ademáis, os traballos deberán presentarse en soporte tradicional (cartulina reforzada con cartón pluma) acompañados dun soporte dixital a tamaño orixinal do cartel e a 300 píxeles. No cartel deberá figurar o texto: "XXIX Semana Internacional de Cine de Autor Septiembre 2007-Lugo", e o logotipo de Fonmiñá.
O prazo de admisión de orixinais remata o 31 de maio de 2007, e deberán remitirse ao Apdo. 155 de Lugo, ou ao local social na rúa Concepción Arenal, 63 (27004). Deberase notificar o número e medio do envío por e-mail a fonmina@galiciadigital.com.
O xurado estará integrado por persoas de recoñecido prestixio no mundo do deseño, así como por representantes das entidades patrocinadoras e convocante (Fonmiñá, Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia, Consellería de Innovación e Industria, Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, Xacobeo, Concello de Lugo, Deputación Provincial de Lugo, SGI, Universidade de Santiago de Compostela, Fundación Caixa Galicia e GaliciaDixital). O veredicto, que será inapelable, darase a coñecer a través dos medios de comunicación e directamente ao gañador.
Cos carteis seleccionados montarase unha exposición no mes de setembro, coincidindo coa celebración da Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo. Os dereitos de autor do cartel premiado quedarán en poder da organización. O premio para o autor do deseño gañador será de 1.000 euros e un trofeo.

Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá