O software libre, crucial para garantir a presenza do galego en Internet
“Ademais das moitas vantaxes que ten de por si, o emprego do Software Libre é unha porta aberta á presenza do galego na Internet e na Sociedade da Información”. Así o afirmou a directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Elena Veiguela, durante a súa intervención na xornada “Entrans: a lingua galega e a tradución do software libre para Galiza”, organizada pola Xunta de Galicia.
Segundo lembrou Elena Veiguela, o software libre permite a libre modificación das ferramentas informáticas coa fin de adaptarse ás demandas da comunidade de usuarios, o que implica que calquera aplicación informática desenvolvida en código aberto pode ser traducida de xeito gratuíto e libre se hai un grupo de persoas disposto a facer este traballo. Concretamente o Entrans é unha ferramenta que posibilita a un grupo de persoas traballar conxuntamente na tradución de ferramentas informáticas a través de Internet. Veiguela recordou que diferentes proxectos como Ciberirmandades da Fala, Trasno e Galego 21 levan anos realizando traducións colaborativas dos programas de uso máis común.
Neste sentido, a directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información explicou que un dos obxectivos da Consellaría de Innovación e Industria é crear unha comunidade de tradutores voluntarios que poda ofrecer á comunidade aplicacións en galego actualizadas e achegadas ás súas necesidades. De feito, a través do Entrans de Mancomun.org, Iniciativa Galega polo Software Libre, os internautas xa puideron traducir a suite ofimática OpenOffice e o navegador web Mozilla Firefox. Así mesmo, Veiguela explicou que Mancomun.org coordinou a tradución ao galego de programas esenciais para calquera usuario, empresa ou administración, como os citados OpenOffice.org e Mozilla Firefox, ou o Gnome, Gaime ou Mozilla Thunderbird.
Por último, a directora xeral explicou que Innovación e Industria está a sentar as bases para a creación dunha metodoloxía de traballo para a tradución informática que inclúe a certificación do léxico empregado polo Termigal, a elaboración dunha guía de estilo das traducións que inclúa o vocabulario de uso frecuente, e a detección das diferentes metodoloxías e ferramentas empregadas na comunidade para a tradución de software.
Pola súa banda, a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, María José Pérez Mariño, indicou que o ámbito educativo é un sector clave no que, ademais de propiciar o coñecemento e a difusión do software libre de código aberto entre o alumnado galego, a presenza e a utilización destas aplicacións informáticas achegan importantes vantaxes polas súas propias características de libre dispoñibilidade, de discrecional adaptabilidade e de libre localización na lingua galega.
Ademais, Pérez Mariño sinalou que, máis alá do emprego de sistemas operativos e programas desta tipoloxía, como recursos e equipamentos didácticos nas diversas áreas e materias curriculares, a integración da filosofía do software libre pode e debe ter repercusións nas metodoloxías educativas, de cara a impulsar un modelo de ensinanza-aprendizaxe no traballo de colaboración. Así, a directora xeral salientou que este cometido debe ser compartido entre equipos docentes e aberto ao alumnado, tanto no traballo na aula como no contorno público da comunidade escolar.
Pérez Mariño salientou os dous principais obxectivos deste curso de formación do profesorado: coñecer a iniciativa pola localización do software libre en galego, e reflexionar sobre como o profesorado pode participar colaborando mediante a ferramenta ENTRANS. Neste senso, a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa animou ao profesorado da Comunidade a actuar como dinamizadores desta iniciativa no centro de ensino, de cara a propiciar a existencia de grupos de traballo ou seminarios e trasladar esta realidade ao alumnado.
O curso “Entrans: a lingua galega e a tradución do software libre para Galiza” enmárcase nas estratexias operativas do PEGSI “CeS-LA2-Contidos galegos para a internet” e “IeCA-LA1-Interoperabilidade e estándares abertos”. O devandito Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI) posto en marcha pola Consellaría de Innovación e Industria ten o obxectivo de promover todos os avances técnicos e culturais que coloquen Galiza como un país totalmente inserido na sociedade da información.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia