Forte presenza do audiovisual galego na 13ª Mostra de Lleida
O programa Curtas 06 recibe un pulo importante ao participar por primeira vez na Mostra Latinoamericana de Lleida. Dúas curtametraxes incluídas no seu catálogo, “Botellón” e “O castigo”, serán proxectadas durante o festival na sección Novas Propostas, na que xa ven sendo habitual a colaboración de distintos organismos, como a ESCAC, a ECAM e Kimuak. Institucións que, como o Consorcio Audiovisual de Galicia, promoven o fomento da curtametraxe e documental a nivel nacional e internacional. Esta participación do programa Curtas de promoción da curtametraxe galega na Mostra ven propiciada pola participación de Juan Ferrer, director da Mostra, nos Encontros co cine galego “Galicia Terra de Cine”.
Outro dos traballos seleccionados para a competición oficial é o documental “Exilios”, que a produtora Acuarela Comunicación deu a coñecer no transcurso destes encontros.
Ademais, unha das producións beneficiarias na primeira convocatoria das axudas do programa de coprodución Raíces, “Abrígate” competirá na sección oficial a concurso. A película está producida por Continental, Oberón Cinematográfica e Patagonik e tamén conta coa colaboración da TVG. A participación desta película na Mostra de Lleida constitúe a preestrea do filme, ópera prima do director galego Ramón Costafreda.
Por último, outra produción galega que estará presente en Lleida será “Concursante”, recentemente estreada nas pantallas a nivel nacional, e que será apoiada pola presenza dun dos seus protagonistas Leonardo Sbaraglia.
Continúase deste xeito, o labor do Consorcio Audiovisual de Galicia para promocionar o audiovisual galego en citas tan importantes como o recente Festival de Málaga, onde dúas das catro películas con produción galega foron premiadas. Este foi o caso do filme “El menor de los males” que obtivo premios ao mellor guión, mellor actriz de reparto e mellor vestiario; e da película “Concursante”, que recibía o premio da crítica e o premio á mellor fotografía.

Consorcio Audiovisual de Galicia