Mariel Guiot imparte un curso de xestión audiovisual
O CGAI imparte entre o luns 26 e o venres 30 de marzo o curso “Xestión e promoción de contidos audiovisuais”, impartido por un dos grandes nomes da distribución e produción independente en España, Mariel Guiot, de procedencia francesa. Mariel é profesora asociada na Universidade Carlos III, escritora cinematográfica, fundadora nos anos 70 da pioneira distribuidora de cine de autor e en versión orixinal “Musidora”, así como dos cines Alphaville de Madrid, ao tempo que unha coñecida experta en desenvolvemento de proxectos.
O curso xira en torno aos tres grandes eixes “industriais” do cine: a produción, a distribución e a exhibición. Pretende proporcionar e/ou repasar conceptos e coñecementos básicos e presentar unha serie de vías de reflexión sobre estas tres áreas. Así busca abordar temas como: A produción /distribución/ exhibición desde os albores do cine ata a era da globalización: evolución, similitudes e diferenzas, retos. Como as formas de produción poden ou non influír nos contidos. As vías de financiamento da produción a nivel nacional e internacional, as súas posibilidades, os seus problemas e... as súas trampas.
Esperando a nova Lei do cine. Do produto á pantalla: intermediarios e mediadores. As dificultades do cine español dentro e fóra das fronteiras nacionais: estruturas do mercado ou problemas de identidade? Do centro á periferia, da arte e ensaio aos multiplex: evolución histórica e novas fórmulas da exhibición. Nada en Francia, española de adopción.
Currículum:
Filóloga e xornalista de formación, Diplomada en Doutoramento de
Historia do Cine, desenvolveu toda a súa carreira no mundo do cine, na distribución (en Musidora, distribuidora especializada en cine estranxeiro en versión orixinal –máis de duascentas películas distribuídas–), na exhibición (cine Alphaville de Madrid, unhas 500 películas estreadas) e, máis recentemente, no desenvolvemento de proxectos e na produción tanto de películas de ficción como de documentais (tres longametraxes e unha curtametraxe, todas elas seleccionadas en Festivais Internacionais de primeiro nivel). Paralelamente, segue exercendo como crítica de cine e realiza entrevistas a numerosos directores e actores para distintos medios, e ultimamente introduciuse no campo da escritura de guións. Profesora asociada da Universidade Carlos III de Madrid desde 2005.
En 1998 o Estado francés concedeulle a medalla de “Chevalier de
l’Ordre des Arts et des Lettres” polo seu labor cultural no ámbito cinematográfico.

José Manuel Sande (Prensa e Documentación do Centro Galego de Artes da Imaxe -CGAI)