Skip to main content

Preséntase a publicación Retal. Fragmentos de Cultura Contemporánea

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
Retal, fragmentos de cultura contemporánea é unha publicación bimensual de carácter gratuito que se vai a distribuir en Vigo e que trata de informar sobre a cultura contemporánea nas dúas diversas expresións. Nas súas páxinas teñen cabida a arte, a literatura, a ilustración, a fotografía, o cine, o deseño, a música ou a arquitectura.

Partindo dun deseño singular obra da deseñadora Gisela Ahumada (32 páxinas de 23x16 cm pregadas sobre sí mesmas que admiten múltiples tipos de lecturas), xoga coa disposición do lector a buscar aquelo que máis lle interese, substituindo o habitual pasar páxina por un pequeno pasatempo no que se persegue o artículo que máis poida interesar. Retal pretende achegarse a un tipo de público lector moi definido: urbanita, con intereses culturais variados, necesitado de información rigorosa e fiable sobre acontecementos artísticos e culturais.

Para desenvolver os seus contidos a publicación dispón dunha amplia rede de colaboradores que inclúe a artistas plásticos, deseñadores, músicos, escritores e fotógrafos. No seu primeiro número, interveñen entre outros os artistas Carmen Nogueira e Angel Cerviño, a deseñadora Marian Núñez, o músico Rafael Romero, o poeta Juan Seoane, o ilustrador Ramón Trigo e colaboradores habituais de publicacións culturais falando sobre cine, literatura, cómics, música e un longo etc.
Contidos:

Arte
- entrevista ao colectivo escoitar por Marga Carrera.
- Basallo en Vigo por Ángel Cerviño

Observatorio
- Amsterdam-Vigo_Tel Aviv, por Carme Nogueira

Libros
- “el quinto en discordia” de Robertson Davies, por Eloy García
- “tres segundos de memoria” de Diego Ameixeiras, por Eloy García

Cómics
- “apuntes para una historia de guerra” de Gipi, por Eloy García
- “Rocky” de Martin Kellerman, por Eloy García

Cine
- Sam Raimi por LM Pérez

Revisión DVDS
- “Weekend” de Jean Luc Godard, por LM Pérez
- “Harakiri” de Masaki Kobayashi, por LM Pérez
- “O xantar espido” de David Cronenberg, por Elena Duque

Televisión
- “Heros”, por Eloy García
- “Lost”, por Eloy García

Música
- La Jr “dos casas”, por Rafael Romero
- OM “conference of the birds”, por Abel Cuevas
- Nick Castro & the young elders “come into our house 2”, por Abel Cuevas
- Trinta cancións do 2006, por Ana Cabaleiro

Crónica conciertos
- Little Annie e Babie Dee no MARCO, por Rafael Romero

Opinión
- “Verduras a la maná” por Julio Gómez
- “Pre-precampaña” por Xavier Balsas

Poesía
- S/t de Juan Seoane

Ilustracións
- Ramón Trigo
- Marian Núñez

Tira cómica
- Nate, ourizo cacho, por WS&Ramón Trigo
Retal