Entrega dos Premios de Xornalismo Científico 2007
A Consellaría de Innovación e Industria desenvolve no Café Casino de Santiago o acto de entrega do V Premio de Xornalismo Científico Galicia Innovación, convocado pola Dirección Xeral de I+D+i. Aproveitando o feito de que nesta edición o traballo gañador do primeiro premio é unha serie de reportaxes sobre mulleres investigadoras, o acto consistirá nunha tertulia-café na que investigadoras, profesionais da comunicación e asistentes ao acto intercambiarán a súa visión e opinións sobre a visibilidade das científicas e do seu traballo na sociedade. Entre os asistentes estarán as investigadoras Carolina Torrón, Mariña Arbor e Tarsy Carballas, a profesora María Xosé Agra, a coordinadora do Seminario mulleres e Universidade, Montserrat Nogueira, o divulgador Xurxo Mariño e o decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, Xosé Manuel Vega. Trala conversa farase entrega dos galardóns.
Nesta edición, o primeiro Premio de Xornalismo Científico Galicia Innovación recaeu na serie de artigos “Investigadoras”, da xornalista Iolanda Fernández Casal e publicada no xornal El Correo Gallego. Ademais, o xurado decidiu conceder o segundo premio ex aequo, compartido, ás reportaxes “Los héroes vuelven a casa", de Antonio López Mariño e Joaquín Pedrido Rey, publicada en La Opinión, e a “Una ventana abierta a la vida. Los caminos de la fecundación in vitro”, de Natalia Sueiro Monje e Blanca Iglesias Hervella e publicada no xornal El Ideal Gallego.
Do primeiro traballo galardoado, “Investigadoras”, o xurado destacou a iniciativa de dedicar unha serie de reportaxes ao papel da muller na investigación, combinando o contido científico e a experiencia persoal de destacadas investigadoras galegas. A serie está composta polos textos “Las claves del tren que flota”, “A sentinela do cancioneiro” e “La mentalidad masculina apenas cambió desde que estudiábamos separados”, dedicados respectivamente a achegarnos a traxectoria profesional de tres destacadas investigadoras galegas: Carolina Torrón, Mariña Arbor e Tarsy Carballas. Este galardón está dotado con 5.000 euros.
REPORTAXE SOBRE A EXPEDICIÓN DA VACINA
O segundo premio é compartido por dúas reportaxes publicadas por dous xornais coruñeses, La Opinión e El Ideal Gallego. “Los héroes vuelven a casa", de Antonio López Mariño e Joaquín Pedrido Rey, foi galardoada polo tratamento en profundidade de contidos históricos relacionados coa ciencia. Durante dúas fins de semana, o suplemento El Domingo de La Opinión estivo dedicado a analizar en profundidade a presenza galega na Expedición Filantrópica da Vacina, realizada fai 200 anos e decisiva na erradicación da viruela no mundo.
Pola súa banda, de “Una ventana abierta a la vida”, de Natalia Sueiro Monje e Blanca Iglesias Hervella, o xurado destacou o tratamento de contidos científicos desde un enfoque social e achegado ás preocupacións dos cidadáns. A reportaxe galardoada analiza os diferentes aspectos da fecundación in vitro, desde a perspectiva médica até as dificultades das parellas que recorren a este método.
Os dous traballos galardoados compartirán a dotación do premio, 2.300 euros.
O xurado dos premios, ao que se presentaron 49 traballos, estivo composto por expertos do ámbito da comunicación e a investigación: o director xeral de I+D+i, Salustiano Mato de la Iglesia; o decano da Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela, Miguel Túñez López; o director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández Iglesias; o delegado de Efe en Galiza, Arturo Larena Larena, e o científico e divulgador Xurxo Mariño.
Con esta iniciativa a Consellaría de Innovación e Industria quere estimular a produción de textos xornalísticos especializados en materia científica e I+D+i. O obxectivo final é impulsar actividades mediante as que se intenta divulgar e facilitar a comprensión do que significa o desenvolvemento científico e tecnolóxico na configuración do mundo contemporáneo.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia