Skip to main content

Inaugurada oficialmente a Semana de Cine de Lugo

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
Previamente á proxección efectuouse o acto oficial de inauguración, no que tomaron parte representantes de varias das entidades patrocinadoras: Xosé Clemente López Orozco, Alcalde de Lugo; Antón Bao, Vicepresidente da Deputación Provincial; Manuel Xosé Fernández Iglesias, Director Xeral de Comunicación Social da Xunta de Galicia; Branca Rodríguez Pazos, Delegada Provincial da Vicepresidencia de Igualdade; Luis Rodríguez Edrosa, Delegado de Presidencia; Sinesio Pérez, da Fundación Caixa Galicia; e Xulio Xiz, Presidente de Fonmiñá.

Rendeuse homenaxe a Frank Braña, do que se edita un libro biográfico do que é autor Manuel Curiel, director da Semana e a Rafael Romero Marchént, guionista, actor e director, lenda viva do cine español.

Jacobo Hortas, deseñador galego residente en Alicante, recibiu o premio de Deseño convocado polo Grupo Fonmiñá para elixir o cartel anunciador da Semana, por un traballo que o Xurado destacou entre os 157 presentados de toda España.

Así mesmo, rendeuse homenaxe póstumo a Chicho (Juan Barreira), encargado da proxección das películas durante as vinteoito semanas anteriores, primeiro no histórico Gran Teatro e, unha vez pechado este, no Auditorio Gustavo Freire.

A Semana abriuse oficialmente cunhas palabras do Alcalde Lugo, que animou a Fonmiñá a poñerse a traballar na Semana do próximo ano, XXX edición desta anual manifestación cinematográfica.

Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá