Kalaikia, suplemento cultural de A Peneira, celebra o seu I aniversario no MARCO de Vigo

Nova cultura galega
Kalaikia, suplemento cultural do xornal A Peneira, naceu no mes de setembro de 2006 coa pretendida (e pretenciosa) arela de ollar cara a nova cultura galega dun xeito moderno e contemporáneo. Mes a mes, cun deseño innovador e actual, formateou anteriores experiencias conseguindo que nas súas páxinas participaran sinaturas como as de Cándido Pazó, Paula Carballeira, Xurxo Lobato, Susana Cendán, Uxía Senlle, Xosé Bocixa, Noel Feáns, Xurxo González, Alberte Momán, Carlos Blanco, Uqui Permui, Alfonso Pato, David Barro, Roxelio Groba, Xosé Ramón Paz Antón, Germám Ermida ou Eduardo R. Cunha “Tatán”. Novos ámbitos da creación menos considerados noutros medios de comunicación como a fotografía ou o deseño conseguiron aqui o seu protagonismo. Entrevistas de actualidade (Nani García, Suso de Toro, Antón Reixa, Ramón Costafreda, Macaco, entre outros), reportaxes e unha ampla axenda sinalaron un antes e un despois no concepto cultural xornalistico da prensa en galego.
Kalaikia (suplemento cultural de A Peneira)