Skip to main content

O neno de barro acude a festivais nacionais e internacionais

O percorrido terá a súa partida na “Novena Mostra internacional de cine de Santo Domingo” que se celebra do 4 ao 13 de outubro. Jorge Algora, acudirá á República Dominicana para competir polo premio á mellor Opera Prima, categoría pola que tamén foi nomeado no festival internacional de cine de Montreal.

A súa próxima cita ten lugar na Seminci de Valladolid, onde participa na sección Spanish Cinema do 26 de outubro ao 4 de novembro. Trátase dunha selección das películas máis significativas producidas polo cine español durante a última tempada. Esta sección estará aberta ao público pero sobretodo vai a estar destinada á prensa nacional e internacional, representantes de distribuidoras e produtoras estranxeiras polo que a película será proxectada con subtítulos en inglés.

O día 30 de outubro, no Teatro Calderón de Valladolid, Jorge Algora participa nun encontro con outros directores como Félix Viscarret, Rodrigo Cortés ou Koldo Serra, para falar sobre as dificultades para dirixir unha primeira película en España.

“O neno de barro” volve face-las maletas rumbo ás Américas, esta vez a Chile. O Festival Internacional de Cine de Viña do Mar seleccionou a película na súa sección oficial. O festival que se centra na cinematografía iberoamericana cumpre xa a súa 19 º edición e está considerado como o máis prestixioso de Chile.

O seis de novembro comeza o festival de “Cine de España e América Latina” en Bruxelas, onde “O neno de barro” estará presente na sección de cine español. É probable que acuda Jorge Algora acompañado da produtora executiva de Adivina, Susana Maceiras. O obxectivo deste festival é difundir, desde o corazón de Europa, a calidade artística do cine producido en España e América Latina.

”O neno de barro” pechará este outono viaxeiro coa presenza de Adivina Producciones ao “American Filme Market” na cidade de Os Anxeles do 30 de outubro ao 4 de novembro. Susana Maceiras acude xunto coa distribuidora da película, Filmax International, para negocia-la venda de dereitos internacionais para os que xa hai prefixados varios compromisos.
Noa Lema (Comunicación Adivina Producciones)