Skip to main content

Estrea da curtametraxe Puzzle, de Luqui Matthews

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
Mañá ás 17:30h estrease na Sala Yago a curtametraxe Puzzle, de Luqui Matthews. Puzzle é o primeiro traballo deste mozo compostelán vinculado ó mundo do teatro no que participan actores como Noemí Bazarra, Esteban Mosquera, Ana Gelpi ou Eduardo Fernández entre outros.
Á presentación, que tivo lugar hoxe pola mañá na Sala Yago asistiron o director, o cámara Andrés Fernández e os actores Noemí Bazarra, Esteban Mosquera e Eduardo Fernández. Todos coincidiron en sinalar o bo ambiente de traballo e o gratificante resultado da experiencia. É unha comodidade poder traballar con xente que disfruta co que fai. Foi un proxecto no que todo o mundo deu o mellor de si sen cobrar un peso, afirmou o director Luqui Matthews.
Con localizacións no barrio de Vite, na Algalia e na rúa de San Pedro Puzzle é unha trama urbana que nos conta a historia de Martín. Martín é un adolescente que, como tantos outros atravesa unha época de crise. O noso protagonista debe decidir se acaba de montar o seu puzzle ou deixa algunha peza sen colocar. Ten que escoller un camiño puntualizou Matthews.
A curtametraxe que dura aproximadamente 25 minutos estrease mañá ás 17:30h. Á estrea debe acudirse con invitación, pero o venres 28, sábado 29 e domingo 30 haberá un pase diario ás 17:30h e a entrada será de balde. Con esta iniciativa, desde a Sala Yago intentamos apoiar e dar a coñecer os traballos dos novos valores
Sala Yago