Xurde a Asociación de Empresas de Software Libre

adhesións que nace co apoio da Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia e que ten un triplo
obxectivo:
- Promocionar o software libre como ferramenta dun novo modelo para desenvolver a sociedade do coñecemento e a información en Galicia.
- Asumir un labor de interlocución ante colectivos empresariais e Administración Pública para asesoralas no proceso de migración e implantación de software libre.
- Fomentar e organizar a colaboración entre os seus asociados para facilitar a xeración de novas oportunidades de negocio.
Agasol xorde nun momento clave. Moitas empresas de pequeno e mediano tamaño comezan a apostar de xeito decidido polo software libre á vista das vantaxes tanto económicas como de uso que ofrece xa que, ao contrario do noemado software privativo, para empregalo non é preciso pagar unha licenza, pode persoalizarse, é máis seguro e a súa adaptabilidade propicia que non quede obsoleto a medio prazo. Para a Administración Pública, a migración ao software libre é unha prioridade. Así o asume a Xunta de Galicia no seu Plano Estratéxico Galego da Sociedade da
Información. E moitos concellos seguen xa os pasos de Zaragoza, onde o alcalde Juan Antonio Belloch ordenou migrar de software privativo a libre ao saber que, só en licenzas e actualizacións,
ía aforrar un millón de euros ao ano.
O pulo dunha asociación de empresas galegas de software libre servirá tamén para axudar a xerar un tecido empresarial do sector TIC en Galicia. O perfil das empresas que compoñen a asociación é o dunha peme integrada por enxeñeiros informáticos ou de telecomunicacións, que apostan pola internacionalización, emprendedores e cunha idade ao redor dos 30 anos.
Juan Luis Rodríguez (Gabinete de Prensa de Agasol)