Skip to main content

A Flor Mais Grande do Mundo, candidata ao Goya á Mellor Curta de Animación

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
Por segundo ano consecutivo a división de animación de Continental acada unha candidatura aos Goya, nesta ocasión por unha obra dirixida por Juan Pablo Etcheverry e con música de Emilio Aragón. A Academia do Cine Español daba a coñecer a lista das curtametraxes nomeadas aos Goya, aos que por vez primeira se lles dará un tratamento especial xa que serán entregados durante a gala dos nomeados do vindeiro xaneiro.

Así, A Flor Mais Grande do Mundo resultou nomeada ao Goya a Mellor Curtametraxe de Animación. Dirixida por Juan Pablo Etcheverry e con ilustracións de Diego Mallo, a curta rodouse durante o pasado ano en Ferrol, combinando técnicas de animación en 2D e 3D con stop motion en plastilina. A obra é a adaptación do único conto infantil escrito polo Premio Nobel José Saramago, quen tivo ademais un papel destacado na produción xa que aparece
como personaxe e inclúe a súa voz como narrador.

A curta contou tamén coa participación do actual presidente da Sexta Emilio Aragón, nesta vez na súa faceta de compositor, xa que é o autor da música orixinal. Todos eles, xunto coa xornalista Pilar del Río, participaron o 20 de marzo na súa primeira presentación pública no Teatro Jofre de Ferrol.

A Flor Mais Grande do Mundo é unha historia máxica de vocación ecolóxica que aposta polas cousas sinxelas, un conto de rara beleza non só destinado aos nenos, xa que está colmado de símbolos e enigmas que sirve para preguntarse: e se as historias para nenos fosen de lectura obrigatoria para os adultos?.

A curta ven de percorrer un longo periplo de festivais nacionais e internacionais, xa que participou en Animadrid, LALIFF, Anchorage Film Festival, Anima´07 (Córdoba) e Sedicicorto (Italia), entre outros.

E por segundo ano consecutivo a división de animación de Continental acada unha candidatura aos Goya, xa que o ano pasado foi nomeada na categoría de Mellor Película de Animación por De Profundis, dirixida por Miguelanxo Prado. Tamén é a segunda candidatura para o director galego Juan Pablo Etcheverry, quen foi nomeado aos Goya pola multipremiada curta de animación
"Minitauromaquia, Pablo en el Laberinto".

Esta é a candidatura número 31 da historia de Continental (que ate o momento levou 6 estatuiñas), o que a coloca entre as máis nomeadas da nosa industria. O 17 de decembro saberase que curtas resultaron gañadoras, e a entrega dos premios farase na Gala dos Nomeados en xaneiro do 2008.

A Flor Mais Grande do Mundo é unha produción de Continental Animación que contou coa participación do Concello de Ferrol, coa colaboración da Consellería de Cultura de Deportes da Xunta de Galicia e do ICAA, e co el apoio de Unicef e do Cabildo de Tenerife.
Alberto Pereira