Ponse en marcha unha campaña educativa sobre a videoconferencia
A Secretaría Xeral de Comunicación, a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual puxo en marcha a campaña didáctica A videoconferencia como ferramenta de comunicación coa que pretende familiarizar as alumnos de secundaria galegos coa videoconferencia. Este programa vén a complementar o proxecto Audiovisual nas Aulas promovido pola Secretaría Xeral de Comunicación e o Consorcio Audiovisual de Galicia xunto coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Na campaña, posta en marcha, participarán 55 centros de ensino secundario galegos. O proxecto que se desenvolverá a partir do mes de xaneiro foi presentado polo director xeral de Comunicación Audiovisual e vicepresidente primeiro do Consorcio Audiovisual de Galicia, Manuel José Fernández Iglesias, o director xerente da entidade, Nacho Varela, así como pola directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Educación, María Xosé Pérez Mariño.
Tal e como explicou o director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández Iglesias, con esta ferramenta de comunicación “os alumnos de secundaria poderán coñecer as posibilidades de comunicación dos sistemas de videoconferencia dos que dispón a Rede de Telecentros de Comunicación” posta en marcha polo departamento que dirixe Fernando Salgado.
Incorporación das novas tecnoloxías á vida cotiá
Así, destacou Fernández Iglesias, mediante o emprego desta infraestrutura xerada polo proxecto Audiovisual nas Aulas, “os alumnos de secundaria terán unha formación completa”. Dunha banda, explicou, contarán coa formación propia do proxecto Audiovisual nas Aulas e, doutra, poderán coñecer mellor os sistemas de videocoenferencia experimentando de forma lúdica e práctica o funcionamento dos mesmos. Trátase de que os escolares perciban os telecentros como un espazo onde se lles vai orientar e facilitar información para incorporar as novas tecnoloxías á súa vida cotiá.
Con esta campaña de promoción do uso da videoconferencia desde os telecentros, a Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual inicia un proxecto de dinamización global. Preténdese así dar a coñecer os telecentros como puntos de referencia, dentro de cada concello, como lugares de encontro, así como de formación e de promoción do audiovisual galego.
Carteleiría virtual a través da TV por internet
Neste sentido, Fernández Iglesias anunciou que dentro do obxectivo de dinamización dos telecentros se realizará un sistema de carteleiría virtual a través da TV por internet, que xa está dispoñible na web http://tv.audiovisualdegalicia.es. Deste xeito, salientou que dende os telecentros se promocionará o cine feito en Galicia e a formación no eido do mundo audiovisual ao tempo que se traballará para que “o concepto de rede e comunidade de rede de telecentros sexa unha realidade”.
Pola súa banda, Nacho Varela destacou o feito de que tanto a campaña posta en marcha hoxe como o programa Audiovisual nas Aulas constitúen iniciativas pioneiras e de referencia no estado. Neste sentido, fixo fincapé no feito de que cada vez son máis os centros interesados en sumarse á alfabetización dixital.
Características da campaña
Ademais do traballo dos profesores co alumnado participante na campaña, organizaranse visitas aos telecentros de comunicación do ámbito de influenza de cada instituto nas que os alumnos, a través de xogos, aprenderán a empregar os sistemas de videoconferencia. Os alumnos poderán probar dous xogos interactivos nos que terán que empregar as súas habilidades de debuxo e canto para formar parte dun ranking xeral galego.
Rede de Telecentros
A Rede de Telecentros de Comunicación é un servizo público e gratuíto para todos os cidadáns financiado pola Secretaría Xeral de Comunicación, a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, en colaboración cos concellos onde se sitúan.
Actualmente, a Secretaría Xeral de Comunicación, a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, dispón de telecentros situados nas localidades da Coruña, Abegondo, Boiro, Ribeira, Santa Comba, Santiago, Vedra, Vimianzo, A Fonsagrada, Foz, Lugo, Monforte de Lemos, Monterroso, Viveiro, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Ourense, Verín, Xinzo de Limia, A Estrada, Lalín, Ponteareas, Pontevedra, Redondela e Vigo. Suman un total de 38 aos que se engadirán outros 12 proximamente.

Mar Balseiro (Notideas.com)