Skip to main content

O CPXG homenaxea ao humorista gráfico Siro López

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), e a Facultade de CC da Comunicación da USC ofrecen unha homenaxe ao humorista gráfico Siro pola súa longa traxectoria profesional, o día 24, no Auditorio da Facultade de CC da Comunicación en Santiago.

O decano do CPXG, Xosé Manuel Vega Gómez abre o acto ás 12 da mañá e dá paso á cantante Manuela que se encarga de iniciar a homenaxe coa interpretación dun dos seus temas. Estarán presentes tamén compañeiros de profesión de Siro e profesionais de comunicación que farán unha pequena achega á traxectoria do debuxante galego. A entrada ao acto de homenaxe é libre.

Siro López Lorenzo naceu en Ferrol o 19 de Xaneiro do 1943. No ano 1970 publica os primeiros debuxos de humor na revista Chan, que dirixía Borobó. Comezou a colaborar con debuxos de humor e caricaturas no Ferrol Diario. Pasou a El Ideal Gallego, onde fixo debuxo de humor, caricatura política e artigos sobre arte e cultura galega. Tamén publicou O tío de Xurxo, primeiro curso de iniciación ó idioma galego que saiu na prensa escrita. No ano 1973 creou con Carlos Casares o espacio Con esta lupa -o primeiro sobre política internacional en idioma galego-, que publicouLa Región. Seteanos máis tarde, empezou a colaborar en El Norte de Galicia. Desde 1985 pertence á redacción deLa Vozde Galicia, xornal no que trata diariamente a caricatura da vida política galega. No 2000 comeza a coordinar o Xatentendo.com, suplemento de humor deLa Vozde Galicia. Durante anos colaborou en revistas como Teima, Encrucillada, Grial e outras. De1997 a1999 fixo con Xosé Luis Alvite o espacio Almas del nueve largo, en Diario 16 e Diario de León.

Publicou numerosos álbumes, e ilustrou varios libros, escribiu ensayos e libros didácticos, tamén se atreveu coa narrativa e o teatro con ‘Hai que confiar na esperanza” (2004). Foi galardoado con diversos premios como o Merlín, en dúas ocasións, e traballou en radio e televisión como locutor e guionista de diferentes programas.

Máis información sobre Siro López en: www.culturagalega.info
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG)