Xunta e USC colaboran en actividades de investigación sobre comunicación

A USC pola súa banda, encargarase da posta en marcha do Congreso Fundacional da Asociación de Investigadores da Comunicación, “I+C: Investigar a Comunicación”, que desenvolverá actuacións tales como a posta en marcha do grupo de traballo que investigue sobre a comunicación no eido das novas tecnoloxías, a creación dunha web, a gravación e emisión das sesións a través da rede, a adquisición de todo o material necesario para coordinar a asistencia dos científicos participantes no grupo de traballo e na Comisión Organizadora de Santiago ás presentacións presenciais e/ou multimedia das conclusións nos foros internacionais a celebrar durante 2008, a edición das publicacións en soporte impreso, dixital e a través e Internet e a tradución de materiais ás catro linguas do Estado.
Ademais, crearase unha Mediateca Dixital Multimedia, na que se recollerá a investigación e produción científica e audiovisual das redes internacionais relacionadas coas novas tecnoloxías da información e no eido das comunicacións, facendo especial fincapé naquelas que teñan por referencia á comunidade galega e ó Estado; daranse os pasos necesarios para o establecemento dunha Rede Audiovisual Galega e Internacional sobre a Investigación da Comunicación, a realizar en cooperación con outras asociacións participantes e organizadoras que teñan por fin a investigación da comunicación e a promoción da Sociedade da Información; porase en marcha a Rede Audiovisual Galega da Investigación e a Promoción da Ciencia da Comunicación que conte con soporte físico e virtual a través de Internet e fornecida cos fondos científicos e os documentos audiovisuais de interese para a investigación da comunicacións recollidos na súa Mediateca Dixital.
Todas estas tarefas serán levadas a cabo a través do Departamento de Ciencias da Comunicación da Facultade de Ciencias da Comunicación e da Comisión Organizadora presidida pola catedrática Margarita Ledo. O convenio asinado terá unha vixencia de 12 meses, rematando a colaboración o 31 de decembro de 2008.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia