Skip to main content

Sae á rúa a revista Deporte Galego

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
A directora xeral para o Deporte, Marta Souto, presentou a revista Deporte Galego, que nace co obxectivo de converterse nun referente do deporte no noso país e para dar a coñecer á sociedade as iniciativas que se leven a cabo tanto dende a Dirección Xeral para o Deporte como dende a Fundación Deporte Galego.

A nova revista, que xa estará mañá na rúa, nace cunha tirada de 5.000 exemplares e será bimensual. Asemade, tamén se informou que a revista será repartida, de forma gratuíta, nas federacións deportivas, nas delegacións provinciais da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, na Dirección Xeral para o Deporte e tamén noutros organismos oficiais.

Ademais, a revista poderá ser consultada a través da páxina web www.deportegalego.eu e enviarase un mailing aos concellos galegos e asociacións deportivas co enlace (link) á revista.

Entre as seccións da revista cabe mencionar as dedicadas aos e ás deportistas galegos/as e ás federacións deportivas, así como a información orixinada pola Dirección Xeral para o Deporte e a Fundación Deporte Galego, tanto en canto as axudas que se conceden ao Deporte Galego coma aos eventos que se organizan.

Neste primeiro número, entre outras cousas, recórdase o éxito dos encontros que disputaron as distintas seleccións nacionais e o próximo debut da selección nacional de fútbol sala; o plan estratéxico das axudas económicas para a promoción do Deporte Galego; a próxima celebración da Copa de Europa de Triatlón en Pontevedra: e a posta en marcha do novo proxecto do Karpin Galicia.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia