Presentada a Gala dos Premios Mestre Mateo 2007
Un ano máis, o audiovisual galego vístese de festa. O martes 15 de abril os focos do Teatro Jofre de Ferrol alumearán a Gala de Entrega dos Premios Mestre Mateo 2007, na que se coñecerán os gañadores das vintecinco categorías que conforman os galardóns. Por segundo ano consecutivo, os populares Antonio Durán (Morris) e Manuel Manquiña serán os presentadores do certame e polo tanto os responsables en boa parte de asegurar o mellor ton para esta gala: áxil, amena e moi, moi entretida. Responsabilidade que, ao igual que na pasada edición, comparten cos guionistas e directores da Gala, Xosé Castro e Andrés Mahía.
A cita anual más importante dos profesionais e da industria audiovisual galega será retransmitida por Televisión de Galicia e aglutinará non só unha ampla representación do propio sector senon tamén de personalidades doutros ámbitos da cultura, da comunicación e da realidade socioeconómica, política e institucional de Galicia.
No traballo de levar a bo término a entrega dos premios participarán un nutrido grupo de actores e actrices galegos, entre eles, Pedro Alonso, María Vázquez, Xosé Barato, Camila Bossa, Alfonso Hermida, Teté Delgado, Alejandro Macías e Mayka Braña. Todos eles axudarán a desvelar en directo ante o público o segredo gardado nos sobre notariais, cos nomes gañadores nesta sexta edición dos Premios Mestre Mateo, resultantes das votacións feitas nas últimas semanas por todos os membros da Academia con dereito a voto. Pola súa banda, a actriz Isabel Risco colaborará cos presentadores para espertar os sorrisos do público.
Premio de Honra Fernando Rey a Ernesto Chao
Este ano, os directivos da Academia aprobaron outorgar o Premio de Honra Fernando Rey -creado para recoñecer as traxectorias profesionais salientables no eido do audiovisual galego- ao prolífico actor de teatro, cine e televisión, Ernesto Chao, que recollerá o galardón no transcurso da Gala.
Estes e outros pormenores do evento foron debagados esta mañá en rolda de prensa pola Presidenta da Academia Galega do Audiovisual, María Bouzas. O acto, convocado para presentar a Gala maila Semana do Audiovisual Galego -o circuíto previo de promoción dos traballos finalistas nesta edición aos Premios- contó coa participación dos representantes das entidades patrocinadoras da Gala e do circuíto.
A Gala ten como patrocinadores tres consellerías da Xunta de Galicia, concretamente, as de Presidencia, Cultura e Deportes, e Innovación e Industria, a través das súas direccións xerais de Comunicación Audiovisual, Creación e Difusión Cultural, e Promoción Industrial e Sociedade da Información, respectivamente. Así mesmo, conta co patrocinio da Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, a Fundación Caixa Galicia e a Televisión de Galicia. Os colaboradores da presente edición son: Fundación Aisge, Gadisa, SGAE-Fundación Autor, e Spica.
No relativo á Semana do Audiovisual Galego, coordinada como o ano pasado pola produtora MrMisto Films, patrocinan as direccións xerais de Comunicación Audiovisual e de Creación e Difusión Cultural da Xunta de Galicia, xunto coa Fundación Caixa Galicia. Os colaboradores deste circuíto son: Axencia do Audiovisual Galego (Consellería de Cultura) e o seu programa de Cinemas Dixitais, e a Rede de Telecentros da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual (Presidencia), da Xunta de Galicia.
Ademais da Presidenta da Academia, na rolda de prensa estiveron presentes, pola Xunta de Galicia, o Director Xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel Fernández, e o Director da Axencia Audiovisual Galega (Consellería de Cultura), Manuel González. Así mesmo, asistiron a Concelleira de Cultura e Promoción Turística do Concello de Ferrol, Yolanda Díaz; o Director xerente da TVG, Xesús Iglesias; a Xerente da Fundación Caixa Galicia en Santiago, Ana Salgado; e o representante da produtora MrMisto Films, Xan Mariño.
Semana do Audiovisual Galego en 60 localidades e 83 pases
A Semana do Audiovisual Galego naceu na pasada edición dos Premios Mestre Mateo, como un xeito de complementar e consolidar os galardóns máis importantes do sector no país e a súa divulgación na sociedade galega.
Trala boa acollida do primeiro circuíto, a Academia fixo un esforzo importante de organización coa axuda dos patrocinadores e colaboradores na iniciativa, preparando así un programa extenso de presentacións e proxeccións dos traballos finalistas nun amplo número de localidades galegas, duplicando prácticamente o número de cidades, vilas e pobos do ano anterior, e pasando de pouco máis de 30 localidades a 60 nesta ocasión, e acadando entre todas elas un total de 83 puntos de exhibición. O circuíto celébrase ao longo de toda a semana previa á Gala, dende o luns 7 de abril ata o domingo 13 inclusive.
A programación completa do circuíto pódese consultar na web da Academia, no enderezo www.academiagalegadoaudiovisual.com
Ernesto Chao, Premio de Honra Fernando Rey da Academia Galega do Audiovisual
A Xunta Directiva da Academia Galega do Audiovisual aprobou conceder este ano o Premio de Honra Fernando Rey ao prolífico actor Ernesto Chao, en recoñecemento á súa traxectoria profesional no eido da televisión e o cine, ademais do teatro.
Ernesto Chao, que encarnou durante anos o popular personaxe de Miro Pereira na serie da TVG “Pratos combinados”, comezou a súa carreira profesional en 1969 no teatro, xénero que nunca deixou e que a partir de 2001 cultiva dende a súa propia compañía teatral, "Lagarta, lagarta S.L.", chegando a ser director do Centro Dramático Galego durante as tempadas 1986 e 1987.
Dende 1985 e sen abandonar a práctica teatral adentrouse á vez no ámbito audiovisual, realizando diversos papeis interpretativos en máis dunha ducia de filmes así como nunha vintena de series e outros formatos para televisión. Os seus primeiros traballos nesta nova dimensión interpretativa foron, nese mesmo ano, o filme “La hora bruja” de Jaime de Armiñán e o programa de TVE “La buena música”. Esta experiencia e interese pola industria audiovisual galega, da que nunca volvería a separarse, levoulle a ser o primeiro Presidente da Academia Galega do Audiovisual, entidade que agora quere recoñecer de modo moi expreso a súa valía profesional e a súa contribución á creatividade e desenvolvemento do sector.
Ao longo do seu camiño profesional ten sido merecedor de diversos premios. En 1991 resultou finalista aos Premios Compostela de teatro á mellor interpretación masculina protagonista por “Rei Lear” e, un ano máis tarde, gañará dito galardón pola súa actuación na obra “Galileo Galilei”. En 2002 recibe o Premio Chano Piñeiro do Audiovisual Galego ao mellor actor protagonista polo papel de Ramón Sampedro no TV movie “Condenado a vivir”, de Roberto Bodegas. Ese mesmo ano obtén o premio de honra Abrente na XVIII Mostra Internacional de Teatro de Rivadavia e, dous anos despois, o premio “Imagen e sonido” ao mellor actor do audiovisual galego. En 2006, o seu afamado papel de Miro Pereira na serie “Pratos Combinados” lévao a ser finalista aos Premios Mestre Mateo.
Este ano, o polifacético Ernesto Chao subirá ao estrado dos galardóns da Academia cargado do mérito indiscutible do conxunto do seu traballo frutífero e cheo de vitalidade.
Filmografía de Ernesto Chao
“La hora bruja”, de Jaime de Armiñan (1985)
“Esperanza”, de Chano Piñeiro (1986)
“Divinas palabras”, de J.L. Garcia Sanchez (1987)
“Xelmírez”, de Rafael de la Cueva (1989)
“Urxa”, de Carlos Piñeiro (1989)
“El juego de los mensajes invisibles”, de Juan Pinzás (1991)
“Huidos”, de Sancho Gracia (1992)
“A metade da vida”, de Raúl Veiga (1994)
“La ley de la frontera”, de Adolfo Aristarain (1997)
“A noiva de medianoite”, de Antonio Simón (1997)
“Días de voda”, de Juan Pinzás (2002)
“l3 badaladas”, de Xabier Villaverde (2002)
“El regalo de Sílvia”, de Dionisio Pérez (2003)
“Os mortos van a presa” de Ángel de la Cruz (2008)
Participación en programas y series de Televisión
“La buena música”. TVE (1985)
“O mellor”. TVG (1987)
“Super amigos”. TVG (1988)
“La memoria fértil”. TVE (1988)
“Imos aló”. TVG. Serie de 50 capítulos (1988)
“Velaí”. TVG. Serie. Intervención en 3 capítulos (1989)
“Os outros feirantes”. TVG. Serie. Capítulo “Tristán García” (1989)
Capítulo “Padín de Carracedo (1990)
“Entorno – Ausencias y retornos”. TVE (1990)
“Televisión Pirata”. TVG (1992)
“Os xustos”. (Teatro) TVG (1992)
“Un soño de verán”. (Teatro) TVG (1992)
“El joven Picasso”. Serie. FORTA-TVG (1992)
“El oro y el barro”. Serie. Antena 3 (1992)
“Compuesta y sin novio”. Serie. Antena 3 (1994)
“El comisario”. Serie. Tele 5 (2004)
“Cuéntame cómo pasó”. Serie. TVE. Actor invitado en 3 capítulos (2004)
“Aquí no hay quien viva”. Serie. Antena 3. Actor invitado en 2 capítulos (2005)
“Pratos combinados”. Serie. TVG (Dende 1995 a 2006)
“Pepe o inglés”. TVG. Actor invitado en 2 capítulos (2006)
“Efectos secundarios”. Serie.TVG. Actor fixo (2007)
TV Movies
“Condenado a vivir”, de Roberto Bodegas (2001). No papel de Ramón Sampedro.

Club Internacional de Prensa (Xunta de Galicia)