Skip to main content

Os carteis da mellor cinematografía da República Checa de finais do XX, nunha mostra na USC

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
Os carteis das mellores películas checas entre 1960 e 1989, xunto aos de cintas españolas presentadas nesa República naquela época, conforman unha mostra que se celebrou na Facultade de Ciencias da Comunicación. Ao acto asistiron o vicerreitor de Cultura, Elias J. Torres; o director do Centro de Linguas Modernas da USC, Ignacio Palacios; a directora do Centro Checo de Madrid, Adriana Krasova; e o galerista e comisario da mostra Pavel Rajcan.

A exposición Cartaces de Cine de Checoslovaquia, 1960-1989, producida polo Centro Checo Madrid coa colaboración do Centro de Linguas Modernas e da Galería Terryho Ponožky, chega agora a Compostela logo de percorrer festivais de cine por toda España. Permanecerá na cidade ata o 4 de abril, concretamente na Facultade de Ciencias da Comunicación e na Biblioteca Universitaria Concepción Arenal.

Escola checa de carteis de cine

Os artistas checos conseguiron desenvolver estilos peculiares, achegando propostas innovadoras no cine e moitas veces comprometidas que alcanzaron unha merecida reputación artística e creativa. A partir dos anos 60 defínese un “estilo checoslovaco” que vai dar lugar a unha auténtica Escola Checoslovaca de Carteis de Cine.

A exposición que se presenta inclúe representativos exemplos desta Escola que vai ter unha significativa influencia en diferentes países, á vez que exhibe traballos sorprendentes de carteis de películas estranxeiras exhibidas en Checoslovaquia, entre elas varias españolas como Carmen e Viridiana.

Os 82 carteis orixinais que se expoñen na USC pertencen á colección de carteis de cine da Galería Cinematográfica Terryho Ponožky (Os Calcetíns de Terry), que forma parte das actividades dos máis importantes cines de arte de Praga como son Aero e Svìtozor.
Noa Díaz (Gabinete de Comunicación da USC)