O Consello de Goberno da USC aproba un Plan Estratéxico das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións
Para iso esta mañá o Consello de Goberno aprobou o Plan Estratéxico das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (PETIC) que, de xeito planificado e meditado, favorecerá a implantación destas tecnoloxías en todos os ámbitos de actividade da USC co obxecto de dar unha mellor resposta ás demandas da sociedade. Para o reitor a aprobación deste plan é a manifestación do compromiso de cambios cualitativos no bo uso das TIC na USC.
Este Plan, enmarcado no Plan Estratéxico da USC 2010, xurde do traballo realizado polas comisións de Planificación Estratéxica e de Coordinación, así como polas achegas de diversos grupos de traballo nos que máis de 90 usuarios, expertos e profesionais das TIC da USC elaboraron os informes e propostas de accións temáticas que serviron de base para o documento final.
As liñas estratéxicas sobre as que se sustenta este plan refírense a integración das TIC nos procesos de ensino e aprendizaxe, estudantes, investigación, xestión e administración, bibliotecas e acceso a fontes de información, aspectos tecnolóxicos e de soporte ao usuario, formación, a web institucional e, por último, a relación das TIC coa sociedade.
Segundo este plan, preténdese que no prazo de dous anos se duplique o número de aulas dotadas con cañón, pantalla e internet así como os servizos vinculados á tarxeta Universitaria Intelixente. Como metas proponse ademais que a rede sen fíos ofreza en 2006 unha cobertura do 100% ademais da creación dunha fundación de ámbito galego para o fomento da sociedade da información, entre outros aspectos.
Centro de Estudos e Investigacións Turísticas (CETUR)
O Consello de Goberno deu tamén esta tarde a súa aprobación á creación do Centro de Estudos e Investigacións Turísticas da USC (CETUR), un centro mixto que ten como obxectivos prioritarios a investigación, a docencia, a información, a formación continua e o asesoramento técnico sobre calquera aspecto relacionado co turismo no contexto territorial da comunidade autónoma de Galicia.
Na xuntanza, o Consello aprobou ademais o punto relativo á normativa que regula a xestión, impartición e expedición do Título Propio de Especialización en Avogacía, Procuraduría e Práctica Xurídica que se estructurará nun curso xeral formativo dunha duración de once meses, outro de especialización de oito meses e dun período de prácticas externas cunha carga de 150 créditos. Por outra banda, acordouse modificar un artigo na Normativa sobre avaliación do rendemento académico para dar conta da introducción na USC do procedemento para que os alumnos que o soliciten poidan recibir nos teléfonos móbiles información sobre as cualificacións provisionais nas que estean matriculados. Ademais introdúcese a conveniencia de que as listaxes de cualificacións provisorias sexan elaboradas coa aplicación informática de elaboración de actas. Outros puntos xa aprobados foron a normativa sobre estudos de Cuarto Ciclo e as modificacións das Normas de Xestión Académica.
Por último, os membros do Consello de Goberno acordaron que o edificio que acolle o Vicerreitorado de Estudantes e Relacións Institutcionais (Casas reais, nº8) pase a chamarse Jimena e Elisa Fernández de la Vega por mor do cese da actividade da residencia universitaria que levaba ese nome.

Gabinete de Comunicación USC