Agadic abre seis liñas de axuda para o audiovisual
A Consellaría de Cultura e Deporte destina este ano un total de 2.700.000 euros ás seis liñas de axuda ao sector audiovisual galego, que xestiona por vez primeira a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC). Xunto ás categorías referidas á produción audiovisual, creadores individuais, desenvolvemento de proxectos audiovisuais, produción de curtametraxes e videoclips e contidos interactivos, en 2009 incorpórase un novo tipo de subvencións de concesión automática para a amortización de custos de produción.
Todas as modalidades acaban de ser publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG),
agás as de concesión automática, que serán convocadas proximamente. Para estas
axudas automáticas, a AGADIC reserva un orzamento de 600.000 euros, dando así
resposta a unha reiterada demanda do sector. Poderán optar a este apartado
longametraxes cinematográficas (ficción, documental, animación) e telefilmes de
interese cultural galego que teñan sido obxecto de estrea comercial ou venda a
televisións en aberto, por un importe non inferior a 80.000 euros, dende o 1 de
xaneiro de 2008 até o 30 de outubro de 2009.
Até 7.000.000 euros en varias anualidades
No resto das liñas convocadas, para as que se establece xa un orzamento máximo
global de 7.000.000 euros a repartir nas diferentes anualidades até 2012, as
principais novidades refírense ao sistema de xustificación das axudas, así como á
incorporación da capitalización do traballo ou amortizacións de instalacións e bens de
equipo.
A dotación maior corresponde ás subvencións dirixidas a producións ou coproducións
en lingua galega con decidido contido artístico e cultural a cargo de produtoras
independentes (longametraxes cinematográficas de ficción ou animación, óperas primas ou segundas longametraxes, telefilmes, documentais de creación ou de
difusión cultural e longametraxes dixitais), cun orzamento de 1.100.000 euros para
2009.
O apoio económico ao sector complétase este ano coas bolsas para a promoción do
talento audiovisual galego, dirixidas a creadores individuais para a escrita de guións e
a realización de curtametraxes e longametraxes en soporte dixital (400.000 euros);
así como coas axudas ao desenvolvemento de proxectos audiovisuais en lingua
galega –longametraxes de ficción, documentais, telefilmes, formatos innovadores
para televisión, pilotos de series televisivas de animación– (250.000 euros); á
produción de curtametraxes en versión orixinal galega e videoclips (200.000 euros); e
ao desenvolvemento e produción de contidos dixitais interactivos en lingua galega
(150.000 euros).

Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic)